O último reto na Pementeira foi averiguar en que tribu africana as mulleres pintan as casas por fóra con debuxos moi elaborados e con moitas cores. Xa lles avisei a todos os que tiñan ganas de investigar que, probablemente, atoparan dous pobados (polo menos) nos que a decoración exterior das vivendas era bastante elaborada e chamativa, un deles chamaba máis a atención polas cores vivas e o outro tiña. pola contra, cores marróns, ocres, branco... Calqueira das dúas posibilidades sería válida.
Ben, pois unha vez máis, teño que felicitar a estes intrépidos investigadores que atoparon esta información tan interesante. Aquí podedes ver aos gañadores do reto:
Pois como vedes, a tribu que decora as súas casas con tanto estilo e orixinalidade é a NDEBELE. Os Ndebele viven en Sudáfrica e Zimbawe. Empregan motivos xeométricos e abstractos na decoración das vivendas e soen ser as mulleres as que realizan esa labor.
A outra resposta que tamén era perfectamente válida, era a referida aos Kassena que viven en TIEBELE, un pequeno poboado no sur de Burkina Fasso, na fronteira con Ghana.
Na Pementeira, os nenos e nenas teñen África moi presente no día a día e cando xogan coa plastilina modelan xirafas, a Kirikú e a súa casa ou as Pirámides de Gizeh.
Esta semana tamén estivemos pintando ceos "africanos" coas acuarelas. Despois de ver algunhas imaxes de atardeceres na sabana e de observar as cores vermellas, laranxas e amarelas que predominan neles, convertímonos en artistas e pintamos uns ceos ben vistosos.
Mentres esperamos que secaran as acuarelas (para poder estampar os animais cos selos) tivemos tempo de facer puzzles e ler libros de África.
E, unha vez secos os traballos, comezamos a estampación.
E así foron quedando as nosas obras de arte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario