UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow
Mostrando entradas con la etiqueta Excursión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Excursión. Mostrar todas las entradas

domingo, 2 de junio de 2019

RECORDOS DE CAMPO LAMEIRO

    O venres fixemos unha sesión de reflexión sobre a experiencia de visitar o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. Recordamos todo o que vimos, o que aprendemos, o que máis nos gustou a cada un, e fixemos debuxos sobre eso. O poboado da Idade de Bronce foi, probablemente, o que máis éxito tivo; pero tamén varios nenos/as quixeron plasmar no papel os petroglifos.





























jueves, 30 de mayo de 2019

PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPO LAMEIRO

   Hoxe foi o día tan esperado de visitar o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro en Pontevedra. Saímos do cole con moita ilusión e bastante nerviosismo e enerxía. A viaxe non foi moi longa e chegamos ao noso destino preto das 11 da mañán. A nós, os pementeiros/as tocounos unha monitora chamada Tania que nos foi explicando os petroglifos e  o poboado da Idade de Bronce. Os nenos e nenas xa sabían moitas cousas porque onte estivemos vendo moitas imaxes e investigando sobre os petroglifos e sobre a Prehistoria; e tamén fixemos unha ficha sobre este parque en concreto.



























   Como os petroglifos auténticos non se poden tocar, primeiro Tania levounos ver uns de mentirijilla, unhas réplicas  dos de verdade, para que poidéramos observalos desde cerca e tocalos.












     Despois xa nos encamiñados cara o poboado da Idade de Bronce onde vimos as casas e os hórreos para gardar o millo e ata entramos na casa máis grande de todas.















     A continuación xa visitamos os petroglifos auténticos, e como xa víramos fotos poidemos identificalos mellor porque a verdade con tanto sol e as sombras das árbores costaba traballo identificar algunhas imaxes.

























 Tras contemplar os gravados rupestres, chegou a hora da merenda.


E, para rematar, un taller de pintura rupestre no que disfrutaron moito fabricando cores e facaendo debuxos.










































E despois de tanta actividade e axetreo, algún caeu rendido no autobús.