UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow
Mostrando entradas con la etiqueta Juego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Juego. Mostrar todas las entradas

domingo, 9 de diciembre de 2018

WHO TOOK THE COOKIE...?

      Fai uns días empezamos a practicar, e disfrutar, dun novo xogo que nos sirve para aprender inglés e para incluir esta lingua nas nosas rutinas de aula en momentos máis lúdicos (xa sabedes que empregamos o inglés cando facemos o panel diario, cando cantamos e bailamos... peo agora imos tamén a xogar). O emprego do inglés, o aprendizaxe da cantinela nese idioma, fixémolo nun pispás, sin problema... agora toca ir aprendendo a non facer trampas no xogo para disfrutalo de verdade, co efecto sorpresa que conleva, cos acertos ou erros espontáneos, superando esta obsesión por gañar que, neste grupo tan competitivo, parece complicado eliminar. En fin, aquí vos deixo un vídeo para que comprobedes que o xogo é divertido e que tamén podedes xogar na casa, en familia.


    Aproveito esta entrada para pedirvos que vos animedes a encher a nos árbore de Nadal de Bos Desexos para o ano 2019. Ata o de agora só chegaron dos adornos coas correspondentes mensaxes de Rafiña e Sara Castaño. Pero aínda queda moito espazo para decorar e, sobre todo, para transmitir voas vibracións a todos/as os/as nenos/as e mestres/as do cole, e ás familias que se achegan ao cole, colaboran connosco e participan activamente nas diferentes actividades que aquí facemos.

 Ver las imágenes de origen

  


martes, 12 de diciembre de 2017

PIRATAS

     Non é nada raro, xa o sei, pero os pementeiros/as disfrutan moito coas historias de piratas así que a partir de hoxe viaxará aos domicilios unha mochila con varios materiais relacionados cos piratas.
     A mochila leva un libro  de piratas con sonidos, unhas poesías para ler en familias, un memory para xogar e exercitar a memoria, e un xogo de vocabulario pirata para traballar un pouquiño a prelectura (son unhas tarxetas con palabras e sílabas; empregando as tarxetas coas palabras como modelo, os nenos/as poden ir buscando as sílabas que forman cada unha das palabras. Por suposto eles non son conscientes do que é unha sílaba pero xogando van interiorizando de xeito natural como se van compoñendo as sílabas con varias letras, e as palabras con varias sílabas; ademais tamén están traballando a observación visual e a concentración. Trátase de xogar un pouquiño e, por suposto, os papás e mamás poden axudar empezando a xogar con dúas ou tres palabras -seleccionando as sílabas que precisen para elas- e ir engadindo máis pouco a pouco -en lugar de poñerlle todo o material diante sen máis-. Seguro que cada familia atopa un xeito de organizar o xogo, porque diso se trata: XOGAR EN FAMILIA) 

    O primeiro afortunado foi Daniel, que estaba encantado de levar a mochila para casa. Hoxe tocoulle ser encargado e xa decidimos que cada día levará a mochila pirata para a súa casa  o encargado, de maneira que eles/as tamén saben cando lles toca e facemos a rutina con máis rapidez. O  neno/a que leva a mochila tamén leva un distintivo pirata (non sei se chegará á casa, pero mirade qué satisfeito ía Daniel)

 
    Espero que os pementeiros/as disfruten moito coa mochila e os xogos. Aproveito para pedirvos a todos que tratedes de coidar estes materiais o máximo posible xa que me gustaría que todos os nenos/as da aula tivesen as mesmas oportunidades de disfrutalos (se empezan a perderse as tarxetas do memory ou das palabras, ou se rompe o libro -ou se lle acaba a pila porque un neno/a o escoita 40 veces- os seguintes xa non o poderán disfrutar en igualdade de condicións). Tamén entendo que unha tarde é pouco tempo pero do que se trata é de que compartan un pouquiño de tempo convosco e vos mostren algunhas cousas que facemos no cole (a eles/as failles moita ilusión levar cousas para a casa, e é unha maneira de motivalos e de atraer a súa atención, de premialos, tamén, de crearlles un pouco de ilusión, de contentalos...) e, despois, terán moitas oportunidades de seguir empregando estes materiais na aula de xeito cotián.
     GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN
Resultado de imagen de gifs animados PIRATAS
 .

lunes, 15 de mayo de 2017

UN LUNS COMPLETO

Resultado de imagen de Lolo monta en bicicleta carlos casares     Hoxe tivemos un luns moi completo. Empezamos a xornada revisando os libros e as fichas do fin de semana e colocando todo no seu lugar (para poder levar outro libro o próximo venres, claro). Contamos un fermoso conto que nos trouxo Valeria e que nos viña ben porque estamos xa a piques de celebrar o Día das Letras Galegas recordando a Carlos Casares.

         Fixemos o panel e o Willy Fog   do día de hoxe (o pementeiro Aleixo) pasou lista moi, moi contento e sen quitar a máscara de león.


   Recibimos máis postais para o concurso do Día das Letras Galegas. Valeria, Gabriel e Aleixo trouxeron os seus traballos relacionados coa obra de Carlos Casares que lles pareceu máis interesante: Valeria, un debuxo de "Lolo anda en bicicleta", e Aleixo e Gabriel un collage e un debuxo respectivamente de "A Galiña Azul". ¡Parabéns por participar! Alégrame que os pementeiros/as se animen a participar nos concursos do cole.






        Outra grata sorpresa foi recibir unhas fermosas esculturas que nos trouxo Yeico inspiradas no traballo de Giacometti e feitas con papel de aluminio. ¡Son espectaculares!
       Fixemos unha actividade impresa con tranquilidade e escoitando música, como nos gusta facer (aínda que, ás veces, nos coste un pouquiño estar calados e concentrarnos). Hoxe daba gusto velos traballar. Tamén tivemos tempo de cantar e bailar as nosas cancións favoritas e de xogar, outra vez ao memory que tivo bastante aceptación na aula e ao que, a verdade, lle pillaron o tranquillo bastante ben.
















      E mañán, martes, seguro que volvemos a disfrutar no cole tanto coma hoxe. ¡A ver se temos máis sorpresas!



sábado, 13 de mayo de 2017

XOGO DE MEMORIA

         O Willy Fog do venres foi o pementeiro Alejandro V.R. que non podía estar máis contento lucindo o disfrace do protagonista da "Volta ao mundo en 80 días". Tan cómodo se atopaba coa máscara que nin a quitou para pasar lista.




     Tivemos un día bastante divertido porque cantamos moito e agora temos novas cancións favoritas. Xa sabedes que nos encanta "A ratiña curiosa" ou "The weather song" por citar só dous exemplos pero ultimamente o que máis nos anima a mover os esqueletes é a canción dos días da semana e a dos números (no lateral dereito, no apartado "Os nosos enlaces favoritos" podedes atopar os links para escoitar estas cancións na casa). Para que comprobedes o ritmo dos pementeiros, o que lles gustan as cancións, o que lles encanta berrar e o que disfrutan movéndose podedes ver os seguintes vídeos.





         Outra cousa interesante e divertida que fixemos onte no cole foi xogar cun memory con moitos dos monumentos que xa coñecemos  grazas ao proxecto da volta ao mundo. Estivemos collendo o tranquillo a isto de memorizar en que lugar está cada imaxe e iso non sempre é fácil, pero está moi ben para traballar a concentración, a atención e a observación.


























    O luns tocaralle xogar ao equipo do Taj-Mahal que é o único que falta a ver que tal o fan. Tdos os que xogaron penso que comprenderon as normas do xogo pero a algúns cóstalle estar atentos mentres non é o seu turno e así é imposible saber onde está cada imaxe. E outra cousa que fan, moi divertida e que demostra a pouca picardía que teñen aínda, é que se é o turno dun compañeiro pero outro sabe onde está a parella correspondente dun dos monumentos, avísan ao compañeiro sinalando a tarxeta "¡está aquí, está aquí!" en vez de esperar o seu turno e collela eles, e iso que queren gañar (de feito algún ata fixo como que quería chorar porque non conseguiu ningunha parella). Pero, en fin, iremos perfeccionando a técnica do xogo.
     E, para rematar esta entrada, aquí vos deixo unha mostra de que os nenos e nenas da aula están verdadeiramente mergullados no mundo da arte grazas ao noso proxecto. Yeico trouxo unha foto dunha pintura que estivo facendo mentres estivo enfermo coa varicela. ¡Mirade que ben lle quedou!¡Da gusto ver que os máis peques disfrutan tanto pintando! ¡Oxalá teñamos en infantil unha boa canteira de artistas!