UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow
Mostrando entradas con la etiqueta Plan Proxecta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Plan Proxecta. Mostrar todas las entradas

jueves, 24 de mayo de 2018

LUPA, LUPIÑA

      ¡Por fin chegou o momento de mostrarvos a Lupa! Desde o mes de xaneiro estamos traballando nun fantástico proxecto que supuxo moito esforzo, constancia, cooperación, paciencia, organización e atención:¡elaborar un conto vivindo todo o proceso creativo na aula!. O cole está participando no Plan Proxecta que implica o desenvolvemento de actividades innovadoras, que promovan a posta en marcha das competencias básicas, que potencien o traballo cooperativo e en rede, que permitan e mesmo precisen da interdisciplinariedade, que motiven aos alumnos e impliquen aos mestres... O tema central son os ríos,e o que se pretende é desenvolver valores relacionados coa conciencia de respecto e protección do medio ambiente. Cando se plantexou a posibilidade de participar no Plan Proxecta: Ríos tamén desde infantil, na Pementeira pensamos en como podíamos mergullarnos nas augas doces dos ríos posto que navegabamos  concretamente polas augas salgadas dos mares. Así que, partindo de aí naceu a historia da troita Lupa que naceu no río Sar, pero tiña moitos soños e inquedanzas e acabou superando obstáculos e vivindo no mar.
    Durante estes dous trimestres os nenos e nenas da Pementeira escribiron todos os textos dos contos e fixeron as ilustracións e agora temos un auténtico libro moi creativo, orixinal e creado por todos nos de principio a fin. Ademáis tamén fixemos un traballo previo de investigación que supuxo a:
   1.-Búsqueda de información sobre a troita (características morfolóxicas e biolóxicas, hábitat…)
    2.-Búsqueda de información dos ríos Xallas e Sar (nacemento, desembocadura…)
       3.-Reflexión sobre o coidado dos ríos.

 ¡Un traballo en equipo do que me sinto moi orgullosa! Agora podedes ver aquí moitas imaxes de como foi todo o proceso creativo e o resultado final. Tamén poderedes disfrutalo nas familias, xa que está viaxando aos vosos domicilios. ¡Espero que vos guste!












































































































































    Pois ben, despois  de escribir e debuxar moito, de viaxar desde o Sar, pretiño de Iria Flavia, ata o Xallas, de coñecer ás sereas Mariña da Illa de Sálvora e Maruxaina de Cervo, de achegarnos ao Pindo e algúns dos seus segredos e de saltar ao Océano Atlántico desde a fervenza do Ézaro, aquí está o resultado desta aventura:

LUPA, A TROITA QUE QUERÍA VIVIR NO MAR






























Resultado de imagen de gifs animados buen trabajo