O 23 de abril celebramos o Día do Libro. Como éramos pouquiños na aula, só 9, non fixemos a actividade impresa que estaba programada e deixámola para o día seguinte. Pero lemos a historia de San Jorge e o dragón, aprendemos algunhas cousas sobre o Dragón de Komodo, falamos de Cervantes e Shakespeare, vimos na PDI a aventura de D, Quijote e os muíños de vento, fixemos un marcapáxinas na biblioteca, pintamos as obras que fixemos antes de vacacións no taller de modelaxe, e ata comemos galletas que nos quedaran do cumple de Alex V.R. En fin, aproveitamos a mañán moi ben que para iso vimos ao cole.
O mércores, xa case todos xuntos na aula, retomamos o traballo cotián e recibimos a visita dunha libreira de Santiago que nos contou un conto e nos mostrou varios libros realmente interesante. De feito mercamos tres para a nosa aula.
Hoxe foi un día ben completiño na Pementeira. Empezamos a xornada lendo unha fermosa historia a petición do grupo de nenos e nenas. Unha petición que me fixo especial ilusión, a verdade. A cousa foi que o luns celebramos o Día do Libro e falamos do que nos gusta ler, conversamos sobre D.Quijote e Sancho Panza e sobre as nosas historias favoritas. O martes chegou Daniel todo contento e contoume que o seu papá para celebrar o Día do Libro lle mercou un mentres el estaba na piscina. "¡Xenial! ¡Vivan eses papás e mamás que regalan fermosos libros aos nenos/as!Hai que felicitar a ese papá" díxenlle. Entón pregunteille: "¿E qué libro che mercou?" e díxome Dani: "Un que tes ti e que nunca nos contas!" Imaxinade a cara que me quedou... "E ¿que conto é ese?" e contestoume "El principito".
En fin, os que me coñecen un pouco saben que eu son moi fan desa fermosa e poética obriña, chea de reflexións, de pensamentos que poden parecer moi simples pero son realmente complexos, de ensinanzas sobre a vida... Total debín de mostrar tanto entusiasmo e admiración polo principiño que hoxe nada máis entrar na aula, varios nenos xa me soltaron:"¿Hoxe vas contarnos El principito? " E, obviamente, esa foi a lectura de hoxe. E quero mostrarvos a curiosidade coa que os pementeiros/as miraban polos buratiños da caixa que o aviador lle debuxou ao principiño, dentro da cal había un cordeiriño (que, por suposto, todos viron perfectamente, e todos dixeron que era superbonito).
Non podía sacar máis fotos porque tampouco quería romper a maxia da lectura pero é que estas expresións nas caras dos nenos e nenas tiña que mostralas.
Na horade facer unha actividade impresa disfrutamos dun pouco de música espacial. Xa que o principiño vivía nun asteroide pois puxemos música relacionada con ese tema e escoitamos, por exemplo, "Across the universe" dos Beatles ou "Space Oddity" de David Bowie.
A última hora da mañán fomos ver unha demostración de experimentos relacionados coa auga que fixeron os nenos e nenas de 6º A e pasámolo requetebén. Foron uns experimentos moi interesantes. Comprobamos, por exemplo, que un globo cheo de auga non explota se o "queimamos" cunha candea, ou que podemos facer una arco iris con lacasitos. ¡Mirade que interesados estaban os nenos e nenas da Pementeira!
E aproveitamos para recordar os experimentos que tamén fixemos nós coa auga e con aceite, colorante e azucre. Por certo, un dos barquiños de papel que deixáramos navegando efectivamente apareceu ao día seguinte desfeitiño e afundido na auga (creo que eu me esquecera de mostrarvos a imaxe). E gran parte do aceite co que impregnáramos o barquiño estaba flotando na auga (porque como sabemos non se mestura con ela, nin se disolve).
E por hoxe, nada máis. A ver se seguimos tendo historias para contar mañán.