O 23 de abril celebramos o Día do Libro. Como éramos pouquiños na aula, só 9, non fixemos a actividade impresa que estaba programada e deixámola para o día seguinte.
Pero lemos a historia de San Jorge e o dragón, aprendemos algunhas cousas sobre o Dragón de Komodo, falamos de Cervantes e Shakespeare, vimos na PDI a aventura de D, Quijote e os muíños de vento, fixemos un marcapáxinas na biblioteca, pintamos as obras que fixemos antes de vacacións no taller de modelaxe, e ata comemos galletas que nos quedaran do cumple de Alex V.R. En fin, aproveitamos a mañán moi ben que para iso vimos ao cole.

O mércores, xa case todos xuntos na aula, retomamos o traballo cotián e recibimos a visita dunha libreira de Santiago que nos contou un conto e nos mostrou varios libros realmente interesante. De feito mercamos tres para a nosa aula.
Nos tamén adoramos os libros!! Vivan as historias e que gusto ver contacontos na escola!!👏
ResponderEliminar