Coñecendo relatos mitolóxicos de todo o mundo, chegamos ata África e descubrimos unha fermosa lenda sobre os baobabs. Seguro que recordades que plantexamos un reto sobre estas maxestuosas árbores. tamén fixemos unha actividade impresa e lemos varios contos africanos nos que sempre está moi presente o baobab. Como xa sabedes o traballo por proxectos nos permite relacionar contidos moi diversos e neste caso, partindo dunha lenda, chegamos a investigar en que lugares vive o baobab e canto pode chegar a medir de altura e de grosor. Ademáis aprendemos unha palabra nova: diámetro. Así que partindo da mitoloxía aprendemos conceptos de xeometría.
Obviamente para os nenos/as pequenos é complicado comprender e imaxinar canto son 10 metros, así que o mellor que se pode facer para que comprendan o tamaño do baobab, o grosor do seu tronco, é mostrarlles realmente eses 10 metros, medíndoos no patio, representando cunha liña ese diámetro da árbore e facendo que todos os nenos/as "rodeen" ese tronco imaxinario. Vendo que entre todos non o poden abarcar, poden comprender verdadeiramente o que ocupa un baobab.
Gracias Teté.
ResponderEliminarVeñen encantados do cole. O mellor de todo é ver esa cara de felicidade que poñen, cando contan todo o que aprenderon.
Son un grupo moi agradecido. Eu sei que lles gustan as cousas que facemos no cole porque vexo as súas ganas de participar, as caras de sorpresa, e como despois falan dun montón de cousas que eu lles contei ou lles lin ou lles mostrei en internet. Son un grupo xenial! Grazas a vos por valorar sempre todas as actividades que facemos.
Eliminar