UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 6 de febrero de 2016

ENTROIDO AFRICANO

 AKWABA. Benvidos a todos a este blog. Hoxe temos moito que mostrarvos. Espero que disfrutedes.


Por fin chegou o gran día que todos estabamos esperando. O cole Rosalía celebrou hoxe un entroido moi africano. E teño que dicir que en infantil vivimos a celebración de hoxe con moita alegría, con moita imaxinación, con ritmo e con sentementos de pertenza a un grupo, o grupo de nenas e nenas de 3, 4 e 5 anos e as súas mestras (que tentamos poñer todo da nosa parte para facer deste día tan africano unha xornada estupenda).
O traballo de ambientación empezou xa fai tempo pero nesta semana aínda estivemos "perfeccionando" a decoración, tanto as mestras como os nenos e nenas.


















E hoxe, ás dez e dez, empezaron a entrar no cole, nestes espazos un pouco africanizados, unha chea de animais da sabana, faraóns e raíñas de Exipto, guerreiros masai, tuaregs, feiticieiros e outros membros de diferentes tribus, mamás cos seus bebés na espalda... Eu teño que dicir que quedei impresionada. Seguramente este entroido foi o que máis ilusión me fixo nestes anos de mestra de infantil e o xusto é recoñecer que todos e cada un dos nenos e nenas de infantil viñeron realmente espectaculares. ¡Mirade, mirade! Algunhas fotos quedaron realmente fermosas e iso foi porque os protagonistas estaban radiantes.
















 

 





 























































Parabéns, de verdade, a todas as familias pola vosa implicación neste entroido africano. Os nenos e nenas de infantil estaban espectaculares. Eu quedei impresionada cos disfraces. ¡Encantáronme! 
 E xa para rematar, aquí está o vídeo coa fantástica actuación  dos pementeiros no festival de entroido 2016.

¡Upppssss! Olvideime de poñer unha foto das profes de infantil que, tamén, intentamos estar á altura dos nenos e nenas e vir coas nosas mellores galas a esta celebración entroideira.

E a última coa máis fermosa e famosa raíña de Exipto, Cleopatra.






8 comentarios:

  1. Menuda festa!! que ben o pasamos tod@s!! foi un día inolvidable. Os nenos e nenas viñan impresionantemente caracterizados, moi guap@s!! Tes razón Teté cando dis que foi un dos mellores entroidos que vivimos no Rosalía...Disfrutamos moito tanto as profes coma os peques!

    ResponderEliminar
  2. Estaban todos guapísimos incluidas as profes!e o festival gustounos moito. Enhoraboa

    ResponderEliminar
  3. Estaban genial y los niños lo hicieron estupendamente!! Nos gustó un montón,el proyecto de África está siendo un éxito y ver lo contentos que están y lo bien que lo pasan demuestra las ganas y el cariño que se le pone.
    Enhorabuena!!

    ResponderEliminar
  4. Grazas Ana, Iria e Mónica por visitar o blog e deixar un comentario. E, por suposto, por apreciar as ganas que lles poñemos as profes de infantil. Nós tamén apreciamos moito a colaboración das familias. GRAZAS!!!!

    ResponderEliminar
  5. Que ben o pasamos!!!e cantas fotos sacaches profe Teté.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Es que hacemos un equipo bárbaro! Jajajaja, este proyecto es tan bonito y los niños vinieron tan guapos y con tanto entusiasmo que era difícil pasarlo mal!!!!

      Eliminar
  6. Que ben o pasamos!!!e cantas fotos sacaches profe Teté.

    ResponderEliminar
  7. Tremenda actuación de estos peques y la profe

    ResponderEliminar