UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 24 de febrero de 2016

¡O CUMPLE DE ROSALÍA!

Na Pementeira imos de cumpleanos en cumpleanos. Hoxe foi o turno de Rosalía de Castro. Para celebralo como ela se merece, no cole, o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua organizou un divertido concurso de relatos e debuxos coa temática "Rosalía en África". É divertido imaxinar qué faría a poetisa en África, que poemas escribiría, que países visitaría, que cousas lle chamarían a atención...
Algúns pementeiros quixeron participar no concurso e aquí están as súas aportacións.








 
E a continuación podedes ver algunhas imaxes da exposición dos traballos participantes no concurso. ¡A ver quen ten a alegría de gañar o premio! Pero recordade que participar xa é un premio pois todos os que pasan polo corredor contemplan estas obras e disfrutan con elas. Decorar os espazos comúns do cole, esforzarse en facer traballos coidados, e desenvolver a  imaxinación xa é moi positivo. O premio só é o remate final, a guinda do pastel, pero temos que aprender a disfrutar co pastel ( e non pensar sempre no detalliño da guinda).









 Nora tróuxonos un fermoso libro de poemas de Rosalía con ilustracións moi orixinais e estivemos lendo "Campanas de Bastabales"


Campanas de Bastabales,

cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.

I
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio
penso que por min chamades
e das entrañas me doio.

Dóiome de dór ferida,
que antes tiña vida enteira
e hoxe teño media vida.
só media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.

Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.

Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
de pena me consumiron.

E finalmente, Nora quixo recitarnos un poema moi coñecido de Rosalía.

¡Parabéns Rosalía! Os pementeiros e pementeiras lembrámoste e disfruamos lendo os teus poemas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario