O venres plantexamos un novo reto na Pementeira. Nesta ocasión os pequenos investigadores tiñan que buscar o nome dun deserto africano, de gran tamaño, aínda que considerablemente máis pequeno que o Sahara. Non tiveron dúbida e varios nenos e nenas atoparon á primeira a resposta correcta: O deserto de Kalahari.
Aquí están os gañadores do reto:
¡Parabéns para Mencía, Anxo, Antía, Inés, Mariña, Nora e Leo!
Coas investigacións deste fin de semana, todos aprendemos que o deserto de Kalahari, tamén chamado "deserto vermello", abarca 930.000 km cadrados e se extende por Botsuana, Namibia e Sudáfrica. Nel habitan os bosquimanos e o primeiro explorador estranxeiro que o atravesou foi David Livingstone. Neste deserto atópase o delta do Okavango, unha especie de gran pantano, no que hai unha gran variedade de flora e fauna.
No hay comentarios:
Publicar un comentario