O venres plantexouse un novo reto na Pementeira. Nesta ocasión o enigma que había que dilucidar era o seguinte:
-¿ Cal é o animal máis perigoso de África?
Os pementeiros e pementeiras non o dubidaron un segundo e todos responderon que era o león. Como eu non mostrei ningún signo de "recoñecemento de resposta axeitada", pois empezaron a pensar que podía ser o leopardo... En fin, eu insistín en que non ía dicir nada ata o luns. E aclarei que é bo dubidar e plantexarse outras respostas diferentes da que primeiro se nos ocurre porque, ás veces, temos certos preconceptos xa elaborados sen ter toda a información, e pode ser que non sexan os axeitados.
Pois ben, chegou o luns e entraron na aula sete intrépidos investigadores coa resposta axeitada. ¿Vos sabedes cal é o animal máis perigoso de África? Pois aquí o tedes.
E como foi o día do hipopótamo, pois no corredor de infantil tamén apareceu, medio mergullado na auga, un temible hipopótamo. ¡Haberá que andar con coidado, que xa sabedes que é moi perigoso!
¡Parabéns a estes investigadores: Anxo, Leo, Mencía, Nora, Noa, Leire e Inés! Aínda quedan moitos pementeiros/as por participar neste xogo. ¡Animádevos!
E aínda seguen a chegar máis cousas para o noso recuncho africano.
E Sara tamén nos trouxo un libro sobre Velázquez e unha tarxeta co "Cabaleiro da man no peito" do Greco. A ver se rodeados de tanta arte algún pementeiro ou pementeira se nos convirte en pintor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario