Dentro das actividades relacionadas coa horta do cole, o xoves asistimos a un contacontos moi ecolóxico porque falaba dunha pera que caeu dunha pereira e da importancia de comer moitas froitas e verduras para vivir máis e mellor. Ademais da narración do conto, contamos coa presencia dun ilustrador que foi facendo os debuxos relacionados co relato, e escoitamos música en directo a cargo de Daniel e a súa guitarra.UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow
Mostrando entradas con la etiqueta alimentación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta alimentación. Mostrar todas las entradas
sábado, 22 de diciembre de 2018
CONTACONTOS ECOLÓXICO
Dentro das actividades relacionadas coa horta do cole, o xoves asistimos a un contacontos moi ecolóxico porque falaba dunha pera que caeu dunha pereira e da importancia de comer moitas froitas e verduras para vivir máis e mellor. Ademais da narración do conto, contamos coa presencia dun ilustrador que foi facendo os debuxos relacionados co relato, e escoitamos música en directo a cargo de Daniel e a súa guitarra.martes, 5 de junio de 2018
RESTAS, FRESAS E QUELONIOS
Xa sabedes o que me gustan a min estes títulos no blog porque representan perfectamente o que é un día calqueira na aula saltando dunha resta a unha fresa ou a un quelonio. Aquí todo pode convivir e no noso día a día temos tempo para todo...
Sei que algúns nenos/as xa o comentaron na casa, e é certo, neste terceiro trimestre xa empezamos a facer restas. O concepto está perfectamente comprendido e agora hai que ir prestando atención aos signos das operacións matemáticas para saber se temos que sumar e restar. Xa fixemos algunhas restas no papel e, por suposto, xogando ou facendo o panel. E onte estivemos practicándoas na PDI, e todos querían sair á palestra. ¡Que ben! Parece que non teñen medo de facer cousas novas diante do resto do grupo e iso paréceme estupendo.
Na hora da merenda levamos unha sorpresa porque Manolo trouxo fresas para todos e, como algúns nenos/as non trouxeran merenda, tamén abrimos unha caixa de galletas que nos quedara en reserva desde o cumple de Dani. Sobra dicir que aínda despois de merendar, había ganas de galletas e non quedou nin unha.
E hoxe fixemos unha actividade impresa sobre os quelonios que a todos os pementeiros/as lles saiu moi ben. Mirade!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)