Este grupo de pementeiros/as ten moitas ganas de aprender cousas novas e disfruta moito, moito coas cancións e os poemas. Hoxe fixemos unha gravación para que, na casa, poidades recitar tamén dous poemiñas que lemos no cole e que nos gustan un montón. Un deles titúlase "Había en una granja" e o outro "O pirata Piratón".
Coa poesía aprendemos moitas cousas, por exemplo adquirimos moito vocabulario (co pirata Piratón aprendemos que é un bergantín ou que é a popa dun barco) e avanzamos na nosa expresión oral, asimilamos de xeito natural o que é a rima e o ritmo, sentimos a beleza das palabras e o seu poder de transmitir emocións, desenvolvemos a nosa imaxinación, viaxamos a lugares remotos ou a mundos fantásticos, vivenciamos gran variedade de sentementos, achegámonos a diferentes conceptos(dependendo da temática do poema) ... Se vos interesa ler un sinxelo articuliño sobre a importancia de ler poesías nas aulas e nas familias, podedes clicar no seguinte enlace:
Por outra banda seguimos traballando a psicomotricidade fina e a grafomotricidade, que nos van permitir maior precisión e rapidez en moitas tarefas cotiáns como vestirnos, comer, xogar e, tamén, máis adiante, escribir con soltura. Modelamos setas con plastilina, fixemos o trazo do número 1 (que saiu realmente ben) e non nos olvidamos de ter momentos para xogar xuntos.