Como xa sabedes ben, na Pementeira disfrutamos moito cantando e recitando poesías. Tanto nos gusta cantar que nos da igual o idioma. ¿Queredes ver que ben cantan estes peques "in English"? Pois disfrutade deste vídeo no que cantamos xuntos "Five little pumpkins". Espero que vos guste e que vos animedes tamén na casa a cantar con eles.
E agora móstrovos canto lle gusta a poesía dos fantasmiñas que lemos todos os días. Nesta ocasión estou eu recitando pero, dentro duns días, xa veredes como a recitan eles (porque estamos en fase de gravación).
No hay comentarios:
Publicar un comentario