Estes días estivemos traballando a grafomotricidade coa PDI (Pizarra Dixital Interactiva). Concretamente estivemos practicando o trazo do número 1.
Despois de practicar o trazo, traballamos o equilibrio camiñando por un número 1 que a profe pintou no chan.
Por outra banda, hoxe percibimos un pequeno cambio no millo que puxemos na auga... A ver se vós notades algo tamén.
Os pementeiros/as notaron que están brotando unhas folliñas pequeniñas. Estamos todos emocionados esperando a ver se eses pequenos brotes medran máis. ¡A ver que pasa o luns!
Na hora do conto disfrutamos moito cun libro que nos trouxo Enzo. E que é unha nova historia do noso amigo o polo Pepe, e para nos, Pepe é moi especial. Encántanos leer cousas da súa vida. Nesta ocasión estivemos moi atentos, sen perder detalle de como Pepe se esforzaba en aprender a voar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario