Hoxe fixemos unha visita á biblioteca do cole para contar alí un conto que nos fixo reflexionar moito.
Aquí están todos os pementeiros/as ben atentos esperando que a profe empece a contar unha historia interesante.
E aquí está o libro protagonista do día de hoxe: "Felix, el coleccionista de miedos"
Felix é un neno que ten moitos, moitos medos e decide coleccionalos e metelos nun baúl. Algúns ds seus temores eran estes:
Así nós tamén estivemos expoñendo cales eran os nosos medos.
E despois de falar dos medos, decidimos que podía ser moi divertido poñer cara de moito, moito, moito medo, dun medo atroz e terrorífico e teño que felicitar aos pementeiros/as porque todos/as se animaron a intentalo. Con estas caras de susto faremos un xogo. Xa vos contaremos. Agora disfrutade destas expresións cargadas de medo e fixádevos ben porque hai algúns pementeiros/as que teñen madeira de actores de verdade. ¡Foi moi divertido!
Despois do conto atravesamos a tenebrosa porta da biblioteca para volver á nosa aula e seguir coas nosas rutinas do día.
A decoración dos espazos de infantil vai vento en popa. As cabaciñas que pintaron os pementeiros/as xa están colocadas e lucen así de ben no noso corredor.
A visita a biblioteca foi un exito, polo menos para marcos que saiu do cole falando da visita e dos medos. A min si que me meten medo esas "caras de medo"!!!
ResponderEliminarA ver se podemos ir contar o conto alí con máis frecuencia. E a ver se teño tempo de preparar ese xogo dos medos prontiño!!!!
Eliminar