UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow
Mostrando entradas con la etiqueta Carnaval. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Carnaval. Mostrar todas las entradas

sábado, 2 de marzo de 2019

ENTROIDO MITOLÓXICO 2019

    E chegou o día grande do noso Entroido mitolóxico de infantil do Rosalía!!!!! Foi un día estupendo no que todo saiu perfecto: fixemos as primeiras fotos no cole cos disfraces impecables, saímos para facer o pasarúas polo centro de Padrón, voltamos a merendar no cole (porque os pementeiros/as estaban xa famentos) e despois aínda nos chegou o tempo para xogar libremente no patio, que tamén facía falta.
    Non teño que precisar que os nenos e nenas de infantil foron os máis guapos de todo o desfile, portáronse xenial e grazas a ese bo comportamento e ao seu disfrute resultou unha mañán moi agradable, relaxada e festiva ao mesmo tempo. Ademáis atopamos a Mario na rúa, cos seus papás e todos nos alegramos un montón de volver a velo. As mamás e papás da Pementeira, como ven sendo habitual desde o primeiro curso de infantil, estiveron animando desde o principio do percorrido, sacando fotos, gravando vídeos e participando activamente cos seus disfraces e o seu sentido do humor demostrando así que o que facemos e vivimos no cole é importante para eles tamén. Eu so podo dicir grazas unha vez máis. 
     E aquí vos deixo fotos e unha montaxe de vídeo para que vos quede un recordo deste día tan mitolóxico.





































































































 Imagen relacionada