E chegou o día grande do noso Entroido mitolóxico de infantil do Rosalía!!!!! Foi un día estupendo no que todo saiu perfecto: fixemos as primeiras fotos no cole cos disfraces impecables, saímos para facer o pasarúas polo centro de Padrón, voltamos a merendar no cole (porque os pementeiros/as estaban xa famentos) e despois aínda nos chegou o tempo para xogar libremente no patio, que tamén facía falta.
Non teño que precisar que os nenos e nenas de infantil foron os máis guapos de todo o desfile, portáronse xenial e grazas a ese bo comportamento e ao seu disfrute resultou unha mañán moi agradable, relaxada e festiva ao mesmo tempo. Ademáis atopamos a Mario na rúa, cos seus papás e todos nos alegramos un montón de volver a velo. As mamás e papás da Pementeira, como ven sendo habitual desde o primeiro curso de infantil, estiveron animando desde o principio do percorrido, sacando fotos, gravando vídeos e participando activamente cos seus disfraces e o seu sentido do humor demostrando así que o que facemos e vivimos no cole é importante para eles tamén. Eu so podo dicir grazas unha vez máis.
E aquí vos deixo fotos e unha montaxe de vídeo para que vos quede un recordo deste día tan mitolóxico.
Que guapos iades todos!!!
ResponderEliminarGUSTOUME MOITO E PASEINO EN GRANDE. GRACIAS TETE. YEICO. Ibades todos impresionantes...un traballo en equipo espectacular. Vivan os pementeir@s����������
ResponderEliminarA verdade é que se portaron tan ben todos que resultou fácil e entretido saír polas rúas. Era unha nova experiencia e iban todos contentos. E que vós estivérades en todos os lados, jajaja, tamén animou moito o paseo. Os nenos e nenas teñen moito mérito, as mamás e os papás tan divertidos/as cos seus disfraces e a animación, tamén. Así que o esforzo, nesta ocasión foi mínimo. GRAZAS A TODOS/AS VOS, de verdade.
ResponderEliminarTeté é un gusto participar en propostas de escolas e que os nosos fillos vexan que é importante para nos, gracias a ti!! Foi un día divertido, esperándovos en cada esquina e vendo a súa cara, como decindo de onde saen,...rindo en todo momento! Noraboa a todas as profes de infantil,e ás pementeiras e pementeiros porque portáronse xenial, e estaban encantados co desfile, graciñas 👏👏👏👏👏
ResponderEliminarTotalmente dacordo con Vane, encantados de participar, daba gusto vervos estabades impresionantes e as caras de alegría que tiñan os nenos xa o mellor do desfile.Noraboa profes de infantil e noraboa pementeir@s por portarse tan ben sodes uns campeóns😉👏👏👏👏
ResponderEliminarEstabades tod@s guapííííísim@s !!!
ResponderEliminarNoraboa profes 👏👏👏👏