Xa está aquí o segundo telexornal pementeiro deste curso 2018-2019. Espero que o disfrutedes e valoredes o traballo destes nenos e nenas de infantil que traballaron como auténticos profesionais da comunicación.
UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow
Mostrando entradas con la etiqueta TICs. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TICs. Mostrar todas las entradas
lunes, 25 de febrero de 2019
jueves, 3 de noviembre de 2016
UN XOVES NORMAL
Voltamos ao cole despois dun pequeno parón tras a celebración do Samaín. Alegreime moito de ver aos pementeiros/as sobre todo porque chegaron con moita enerxía, contentos de ver aos seus compis e con ganas de participar en moitas actividades. Están progresando moito. Onte estivemos afianzando o trazo do número 1 e iniciamos unha nova rutina: disfrutar do recuncho da biblioteca cando se remata unha tarefa (antes da merenda).
E hoxe traballamos coa PDI: tocamos o piano, identificamos as vocais, fixemos series de cores e asociamos formas con sombras. Con todo isto, tamén estivemos reforzando a coordinación óculo-manual , o control motriz, a percepción e organización espacial...
E, por último, fixemos de novo o noso desfile favorito: "A marcha das letras"
E agora, aproveito xa esta entrada para mostrarvos un traballo de equipo fantástico levado a cabo polos pementeiros e pementeiras. Eles e elas son os auténticos protagonistas e a profe (que únicamente fixo as gravacións e a rudimentaria montaxe en movie-maker) está moi orgullosa porque todos os participantes recitaron requetebén e a poesía "Los fantasmitas" quedou superchula. ¡Mirade, mirade!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
