Voltamos ao cole despois dun pequeno parón tras a celebración do Samaín. Alegreime moito de ver aos pementeiros/as sobre todo porque chegaron con moita enerxía, contentos de ver aos seus compis e con ganas de participar en moitas actividades. Están progresando moito. Onte estivemos afianzando o trazo do número 1 e iniciamos unha nova rutina: disfrutar do recuncho da biblioteca cando se remata unha tarefa (antes da merenda).
E hoxe traballamos coa PDI: tocamos o piano, identificamos as vocais, fixemos series de cores e asociamos formas con sombras. Con todo isto, tamén estivemos reforzando a coordinación óculo-manual , o control motriz, a percepción e organización espacial...
E, por último, fixemos de novo o noso desfile favorito: "A marcha das letras"
E agora, aproveito xa esta entrada para mostrarvos un traballo de equipo fantástico levado a cabo polos pementeiros e pementeiras. Eles e elas son os auténticos protagonistas e a profe (que únicamente fixo as gravacións e a rudimentaria montaxe en movie-maker) está moi orgullosa porque todos os participantes recitaron requetebén e a poesía "Los fantasmitas" quedou superchula. ¡Mirade, mirade!
Como disfrutan!! E que ben recitan 😊
ResponderEliminarEu estou feliz vendo como disfrutan cos contos, as cancións, os poemas... E iso que coa cámara non son tan espontáneos como calqueira día normal na aula! De verdade que recitan con moitas ganas e fan os xestos e todo pero no momento de gravar, "cortáronse" un pouqiño. Pero, por favor, felicitádeos porque fixeron un traballo xenial!!!
EliminarBravo, Bravo!!!! Noraboa chic@s!! encántame o voso poema!
ResponderEliminarGrazas profe Ana!!!! A nós gústanos moito recitar poesías e esta, concretamente, é moi divertida. Teremos que organizar un recital en infantil! Animádesvos???
EliminarFixérono moi, moi ben. É certo que un pouquiño de vergoña aparece cando encendo a cámara (porque cando recitan sen cámara falan con moita máis seguridade, entoando con forza e decisión) pero é normal que lles pase iso... Pero pensade que se con 3 anos se acostumbran así de ben a falar en público e a "actuar" diante dunha cámara, cando teñan 20 van ser uns auténticos artistas!!!!
ResponderEliminarNoraboa a tod@s os pementeir@s e a tí Teté! Noa na casa recitou varias veces, e non se cansa de ver a todos os compañeiros recitar a poesía.
ResponderEliminarDa gusto ver aos pequenos tan entusiasmados coa poesía, grazas de novo por facernos partícipes destos grandes momentos cotiás.