A semana pasada lemos un conto moi bonito sobre un dragón vermello que botaba lume pola boca. O conto mantivo o interese e a atención de todos os pementeiros e levounos a reflexionar sobre cuestións moi interesantes. Por exemplo a importancia de ser libres, xa que todos estivemos de acordo en que non nos gustaría que nos meteran nunha gaiola e non nos deixaran saír. E, tamén, sobre o feito de que certas capacidades que parecen un problema, poden ser útiles se sabemos empregalas ben.
Os pementeiros e pementeiras tiñan ganas de pintar o dragón con pincel, así que hoxe tivemos oportunidade de facelo.
Como vedes, pintar e escoitar música relaxa moito e fainos sentir ben.
O venres visitamos a biblioteca grande do cole por segunda vez e lemos o conto "A tartaruga que quería durmir"
¡Sempre nos gusta visitar a biblioteca e escoitar contos!
Se queredes escoitar na casa o conto da tartaruga, clicade no debuxo...
Por eso esta mañá Enzo decía cos brazos abertos ( Soy libre ) jajaj. Que concentrados estan pintando o Dragón rojo ☺
ResponderEliminarJajajaja, pois sería por iso, porque falamos de que a nós tampouco nos gustaba nada que nos tiveran encerrados coma ao dragón. Espero que se siga sentindo así de libre, que non é cousa fácil...jajajaja!
Eliminar