UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 28 de mayo de 2016

CAFÉ E POESÍA

Supoño que xa notástedes que me gustan estas mesturas un pouco raras. Hoxe temos dúas cousas aparentemente moi distintas pero que podemos relacionar con certa facilidade porque, ¿a quen non lle gustaría tomar unha boa taza de café e disfrutar, a vez, da lectura dun bo poema?
Pois alá imos. O último reto na Pementeira consistía en averiguar onde e como foi o "descubremento" do café. E chegaron as respostas dos intrépidos investigadores:
Iker, Leire, Alma, Anxo, Zinthia, Antía, Noa, Alba, Inés e Samuel averiguaron que o café se atopou en Etiopía grazas a que un pastor chamado Kaldi observou qque as súas cabras comían unhas pequenas froitas de cor vermello que as poñían moi nerviosas e cheas de enerxía. Kaldi levou unha mostra das follas e os froitos do cafeto a un monasterio e os monxes empezaron a preparar un brebaxe e a consumilo para evitar quedar durmidos durante os oficios nocturnos.



















 A outra parte do título da entrada de hoxe era a poesía. Pois isto é porque, entre todos, estamos escribindo e ilustrando unha poesía sobre África que poderedes ver no libro de aula que estou elaborando sobre o desenvolvemento do proxecto deste ano. Vou compartir convosco un pequeno adianto para que vexades que ben nos está quedando e, tamén, para que comprobedes que hai moitos avances na lecto-esciura. Tende en conta que a maioría dos nenos/as están escribindo autónomamente, ao meu dictado (certamente procuro marcar bastante os sonidos para que vaian identificando os grafemas que deben empregar pero están esforzándose moito) e non lles indico que letras deben escribir excepto nos casos en que me fan preguntas moi concretas como: ¿con B ou con V?, ¿leva tilde?...










E coa plastilina seguimos modelando moitas cousas de África. Pero o máis importante é que algúns pementeiros/as estanse esforzando en modelar, en darlle volumen ás cousas que queren representar e en plasmar ideas ou imaxes que teñen nas súas cabezas.









sábado, 21 de mayo de 2016

ÁFRICA XA ESTÁ DENTRO DE NOS

Aínda que falta xa pouco para rematar o curso e temos que ir pensando en recoller todas as cousas do noso recuncho africano, finalizar o libro de aula e recopilar todo o aprendido con este proxecto tan estimulante, seguen chegando cousas relacionadas con África e seguimos decorando os espazos de infantil e coñecendo historias interesantes.







 E, como vos dicía, seguimos decorando os espazos de infantil. Como o conto "Tanga e o gran leopardo" nos gustou moito decidimos facer un feiticeiro como o que sae no conto para decorar o corredor.








 









Algúns pementeiros/as tamén se esforzan en representar con plastilina diferentes animais da sabana e personaxes dos contos que coñecemos.









E, no corredor, o noso amigo leopardo ten unha nova veciña de parede. ¡Esperemos ue non teña moita fame e non a coma!