UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 4 de mayo de 2016

UN BATIK PEMENTEIRO

Onte e hoxe estivemos elaborando un batik "africano-pementeiro". ¿Sabedes o que é un batik? En realidade é unha técnica para tinguir teas e, por extensión, soemos denominar "batiks" a esa teas pintadas tan típicas de África pero tamén de India, Tailandia, Indonesia e Malasia por exemplo.
Na aula temos varios batiks (de Mozambique e Costa de Marfil) e decidimos traballar en equipo para facer unha versión pementeira dunha tea pintada (xa que tinguila ía ser bastante complicado no cole).
Mirade primeiro, como exemplo, algúns batiks africanos...



E agora, comprobade como quedou o noso batik pementeiro. Seguide o proceso de elaboración e disfrutade do resultado final. Espero que vos guste.























 Tras a elaboración do fondo, que é un imponente Kilimanjaro, como xa suporíades todos, coas características nubes que lle dan ese aspecto tan enigmático, como se xurdira do propio ceo (non me extraña que sexa considerado como o fogar dos deuses), pasamos á segunda fase na que empregamos outra técnica coñecida, o collage, xa que recortamos e pegamos traxes e instrumentos musicais que, previamente foran coloreados polos nenos e nenas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario