UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 12 de mayo de 2016

RETO, MANGO E PAPAYA

Hoxe foi un xoves cargado de experiencias na Pementeira. Pero non vos vou contar todo o que fixemos. Deixarei algo para mañán.
Para empezar, imos falar do último reto. Onte antes de marchar para casa, plantexeilles aos pementeiros que investigaran sobre o seguinte:
  • ¿En que lugar de África hai leóns nadadores?

Pois hoxe chegaron un montón de pementeiros e pementeiras coa resposta correcta. Penso que foi un récord de participación. ¡Mirade!















Así que, como vedes, no delta do Okavango existe unha poboación de leóns nadadores que se ven obrigados a "practicar este deporte" porque, durante a época de enchente, o río desbórdase formando unha especie de delta (polo deserto do Kalahari que absorbe as súas augas), ocupando gran parte do seu territorio de caza. Polo tanto se os leóns queren cazar impalas ou antílopes ¡teñen que nadar!


Despois de aprender esta curiosidade sobre os leóns, experimentamos outras sensacións na Pementeira, nesta ocasión sensacións gustativas xa que hoxe degustamos dúas froitas bastante africanas: mango e papaya. A orixe do mango está na India, aínda que desde alí chegou a Occidente e cos portugueses pasou a África e, de alí, ao Brasil. A orixe da papaya está en América e hoxe cultivase tanto alí como en África e Asia.















En xeral, case todos se animaron rapidamente a probar as dúas froitas. Só, dous ou tres pementeiros/as quixeron "escaquearse" pero ao final animáronse. É certo que xusto os que non querían probar o mango e a papaya foron os que dixeron que non lles gustara ningunha delas (a nosa actitude e predisposición a certas cousas pode xa determinar a experiencia que teñamos con elas, pero polo menos animáronse a comer uns cachiños pequenos). O caso foi que, finalmente, non quedou nada nas bandexas. Cando xa probaran todos, díxenlles que os que quixeran podían seguir comendo e así o fixeron. Alegreime de que se acabaran porque como notei algunha cara rara pensei que me ía quedar toda a froita para min.

E mañán poderedes averiguar que máis cousas fixemos hoxe no cole. ¡Permanece alerta!




No hay comentarios:

Publicar un comentario