Ao longo da semana do 9 ao 13 de maio, todos os nenos e nenas de infantil estivemos elaborando un gran panel no que escribimos un fermoso poema de Manuel María titulado "O meu barco". O Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua fixo unha interesante proposta que consistía en decorar o patio do centro con poemas do autor protagonista das Letras Galegas 2016. Todos os "peques" da Pementeira, o Paseo do Espolón e a Sementeira traballaron en equipo para elaborar este poético panel mariñeiro.
O resto das clases do cole tamén escrbiron poemas de Manuel María para decorar o cole. Aquí vos deixo algúns deles.
O xoves 12 asistimos a un concerto ofrecido pola Escola de Música de Rois.
E xa o venres, disfrutamos da música máis tradicional galega cos grupos "O Pedrón" e "Rosalía de Castro", comemos empanada, xogamos a diferentes xogos tradicionales e pasamos unha tarde divertida...

No hay comentarios:
Publicar un comentario