UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow
Mostrando entradas con la etiqueta Expresión oral. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Expresión oral. Mostrar todas las entradas

lunes, 25 de febrero de 2019

TELEXORNAL PEMENTEIRO 2

   Xa está aquí o segundo telexornal pementeiro deste curso 2018-2019. Espero que o disfrutedes e valoredes o traballo destes nenos e nenas de infantil que traballaron como auténticos profesionais da comunicación.















domingo, 11 de noviembre de 2018

A PORTA DE INFANTIL

    Os nenos e nenas de infantil xa entraron no mundo fantástico da mitoloxía a través de historias cheas de maxia, de relatos emocionantes de imaxes cheas de forza... e cada día van coñecendo novos mitos, novos personaxes, novas palabras... Pero as profes tamén queríamos que as portas de acceso ao noso espazo de infantil foran unha entrada visual, clara e impactante a este proxecto sobre mitoloxía que estamos xa desenvolvendo e disfrutando dentro das aulas e coas familias. Así que os nenos e nenas de A Pementeira e A Sementeira estivemos traballando para decorar este punto intermedio entre infantil e primaria. ¡Quedou xenial!










    Como vos decía, estamos adquirindo moito vocabulario novo. Ás veces falamos e falamos nas asambleas, lemos moitas historias, buscamos moitas imaxes en internet e, en ocasións, tamén hai moitas cousas que se van esquecendo. Así sucedeu con algunhas cousas das que xa faláramos na clase e que se "perderon" no medio de tanta información á que accedemos. Así que esta semana, lles plantexei aos pementeiros/as que investigaran na casa sobre certos términos que non recordaban, porque cando os nenos/as fan as cousas por si mesmos, cando se estimula a súa curiosidade, cando se lles plantexan preguntas ... pois normalmente recordan moitas máis cousas porque se implican máis, e non son so receptores pasivos de información. 
   Así que aquí temos varias respostas sobre vocabulario novo que estamos manexando en relación co proxecto.


 







martes, 16 de octubre de 2018

TELEXORNAL PEMENTEIRO

     ¡Por fin chegou o momento de ver o noso telexornal! Como moitos de vos xa sabedes na Pementeira estivemos traballando  na elaboración da primeira edición do Telexornal Rosalía. A actividade foi plantexada polo Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega e, despois dun sorteo, a aula A Pementeira tivo a responsabilidade de encargarse da primeira edición deste telexornal. Cada semana sairá unha nova edición do informativo que fará unha clase diferente do cole. Foi un traballo un tanto complicadillo pero interesante e penso que productivo. Os nenos e nenas disfrutaron moito coas caracterizacións dos presentadores pero algúns "sufriron" un pouquiño por ter que repetir os textos varias veces e por "enfrentarse" a unha cámara, que xa sabemos que non é fácil. Pero cando onte llo puxen na aula, a reacción dos pementeiros/as e pementeiras foi instantánea e unánime: ¡COMOOOO MOOOOLAAAAA! Así que creo que aprendemos cousas importantes: que hai que ter un pouquiño de paciencia cando facemos unha tarefa no cole, que non todo ten un resultado ou unha gratificación inmediata, que o que costa traballo tamén o valoramos máis, que o traballo en equipo dá resultados asombrosos, e que disfrutamos un montón cando vemos que o noso esforzo tiña unha finalidade... ¡Que ben se sentían todos os presentadores véndose na PDI e comprobando o ben que quedou o telexornal!



    En fin, para todas as familias, aquí vos deixo este informativo  tan especial que tamén está colgado na web do cole. Disfrutádeo e facédelle publicidade!!!! Espero que vos guste!




lunes, 25 de junio de 2018

ÚLTIMAS ACTIVIDADES DO CURSO

   As dúas semanas últimas do curso foron moi intensas e cheas de actividades. Aquí vos deixo un resumo do que estivemos a facer antes do festival e a entrega das notas e traballos do trimestre:
  •      Últimas palabras novas para o noso diccionario audiovisual: Alex V.R. explicounos o que é un fiordo e Rafiña o significado de quelonio.

                                 

  • Elaborando as bolsas para levar os traballos.

































































  •  Anrís trouxo un libro sobre o golfiño que nos gustou moito.


  • Avanzando no proceso lecto-escritor




Entrega dos últimos diplomas de bos lectores a Sara Castaño, Aleixo,Alejandro, Anrís, Sara Vidal e Rafiña



  • Elaborando as portadas para os traballos.












  •  












  • Disfrutando dos libros do mar antes de recoller o recuncho e levar todos os materiais de volta ás casas.












  •  Xogando por recunchos.