UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Trisquel. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Trisquel. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de mayo de 2019

ENTOMÓLOGOS

    O último enigma que resolveron os pementeiros/as foi averiguar como se chaman os expertos que se especializan no estudo dos insectos. Como xa sabedes, nestes últmos días estivemos falando moito dos insectos, vendo vídeos e aprendendo moitas cousas sobre eles, así que agora tocaba responder aun novo reto sobre ese tema. E aquí están os investigadores que resolveron esta dúbida: os especialistas en insectos chámanse ENTOMÓLOGOS. E agora xa moitos pementeiros/as queren ser entomólogos, claro.



!Parabéns aos entomólogos Rafiña. Valeria, Marcos e Dani!

Por outra banda, despois de dar uns últimos retoquiños á nosa serpe emplumada (poñerlle un pouco de purpurina porque  calqueira cousa con purpurina é sempre un éxito seguro!!!), agora xa a temos colocada no noso corredor. ¡Mirade como luce!








   E, pensando xa no festival de fin de curso, ¡é increíble, pero certo!, estamos xa colaborando na realización de distintos motivos decorativos relacionados co verán para facer máis agradable e artístico o lugar onde celebraremos o festival. Aquí vos deixo unha mostra do noso traballo, a ver que vos parece. 










lunes, 27 de mayo de 2019

CONTO MITOLÓXICO

     Unha das actividades máis complexas realizadas ao longo deste curso foi a elaboración dun conto entre todo o grupo de alumnos/as da Pementeira. Dentro deste "Taller de creación de contos" tivemos que desenvolver diferentes habilidades:
  •    tomar decisións en equipo
  •    desenvolver o noso espíritu crítico
  •    organizar ideas e propostas
  •    desenvolver a nosa imaxinación
  •    escribir textos
  •    realizar ilustracións
  •    traballar o autocontrol e a paciencia
  •    aprender a respectar turnos

   Foi un traballo longo porque, ademais de inventar unha historia propia e tratar de que non fora excesivamente "simple", tivemos que escribir e facer moitos debuxos. O máis complicado foi traballar o control da impulsividade, ir aprendendo que non todo sae no primeiro intento, que hai que concentrarse e esforzarse e que non todo o que facemos é válido para o producto final (porque hai cousas que se poden mellorar).
   O máis importante desta tarefa é facerlles  ver aos nenos e nenas que se poden facer cousas moi interesantes se aprendemos a traballar en equipo porque todos podemos aprender dos demais e podemos aportar ao grupo aquelo que nos sae mellor.
    Agora o libro, xa rematado, está viaxando aos domicilios xunto cos novos puzles mitolóxicos que temos na aula. Espero que disfrutedes estes materiais na casa e recordade que é preciso coidalos ben para que todos os compañeiros/as poidan telos nas mesmas condicións.
     Aquí vos deixo as fotos de todo o proceso de creación e elaboración do conto.







































 











    E aquí está o resultado final, o conto que xa está viaxando ás casas: