Hoxe celebramos o Día da Paz e Non violencia. Os pementeiros/as entraron no cole todos contentos porque cando escoitan a palabra "celebrar" xa se poñen eléctricos coma as anguilas. Primeiro estivemos recordando a importancia de respectar aos demáis e, como din eles, ser amables e cariñosos e amorosos, e insistimos, unha vez máis, que non nos gustan as pelexas, as guerras nin as armas. Onte estivemos elaborando mensaxes de paz e coloreamos unhas botelliñas nas que "metemos" esas mensaxes e hoxe fomos colocalas non "Océano Pacífico" particular de infantil. Mentres estabamos deixando no "Océano Pacífico" as nosas botellas cheíñas de bos desexos, chegaron uns nenos e nenas de Primaria a comunicarnos tamén as súas mensaxes de paz.
A ver se algún mariñeiro, ou un náufrago, ou un mergullador, ou un biólogo mariño atopa algunhas destas botelliñas e le as nosas mensaxes!
Despois saímos ao patio para cantar a canción de "IMAGINE" con todos os compañeiros/as e mestres/as de Primaria e escoitar un discurso sobre a PAZ.
Tras regresar á aula, collemos os nosos papaventos, que tamén queren voar en paz, para levalos para casa. Hai algúns nens/as que non os levaron porque estiveron enfermos e ou ben non os fixeron ou ben os teñen sen rematar. Pero iremos tratando de rematalos para que os poidan levar outro día.
E os últimos pementeiros en levar a mochila pirata foron Enzo e Hugo que marcharon encantados coa mochila e co distintivo pirata.