E chegou o momento de viaxar por Europa ... Desde a biblioteca do cole, a través dos stands informativos e das presentacións elaboradas por diferentes grupos de alumnos/as de infantil e primaria, tivemos a oportunidade de aprender moitas cousas de Portugal, Holanda, Grecia, Islandia, Francia, Irlanda, Italia y Alemania.
Antes de nada, fomos visitar o stand de Holanda porque os pementeiros/as aínda non o viran colocado (xa que a instalación completa foi feita o martes pola tarde) e tamén lle botaron xa un ollo ao stand de Grecia que estaba ao lado.
Despois xa foron chegando todos os compañeiros/as do cole e fómonos situando para ver e escoitar as diferentes presentacións. Todos os nenos e nenas se esforzaron moito para explicar todo o que sabían do país que lle tocou traballar e as presentacións foron moi variadas e interesantes.
Algúns stands incluían algún plato típico do país, como nos tivemos tempo suficiente para ver todo coa calma que quixéramos e poder probar as diferentes comidas, o grupo de Islandia agasallounos cuns iogures típicos da "Terra do xeo" e o de Portugal deunos uns "Pastéis de Belem".
Xa na nosa aula, rematamos de cubrir cos nosos datos o pasaporte cheo de selos e despois probamos os productos que nos regalaron.
PASTÉIS DE BELEM (PORTUGAL)
IOGUR DE FRESA DE ISLANDIA
O iogur fixo as delicias dos pementeiros/as que esperaban ansiosamente poder repetir e que remataron nun pispás os vasiños que nos deron (so lles faltou lambelos), eso sí tiñan azucre para parar un tren, menos mal que na Pementeira estamos poñendo en práctica unha nova rutina que nos vai axudar a loitar contra a obesidade, a liberar enerxía, a respirar profundamente e soltar os enfados, e a manternos atléticos e activos: dar dúas voltas correndo ao patio de primaria (e teño que dicir que a algúns/has lles costou un pouquiño rematar as dúas voltas. Hoxe é o día axeitado para comenzar en honor a Grecia, xa que os antigos gregos foron precisamente os creadores das Olimpiadas. Así que inentaremos polo menos os mércores e os venres manternos en forma correndo, comendo froita e facendo ioga.
E xa para rematar, só dicir que a presentación sobre Holanda quedará no blog, na parte superior do lateral dereito (clicando na imaxe xa enlaza co Prezi). Espero que o disfrutedes!