Os venres temos sempre moitas cousas que facer porque toca elixir o libro do pasaporte lector, facer ioga e, ademáis, moitas outras actividades como calqueira outro día da semana. Hoxe tivemos un día axetreado de verdade pero ao final, máis ou menos, conseguimos, facer case todo o que estaba previsto.
Para empezar, unha das cousas que rompeu a rutina diaria foi o feito de recibir o primeiro número de NOVAS DE INFANTIL do curso (e que xa é o cuarto exemplar que entregamos ás familias). Os pementeiros/as puxéronse tan contentos que ata levantaron un pouquiño de máis a voz e tiven que chamarlles a atención. ¡Ás veces é difícil controlar o entusiasmo, que parece que se manifesta mellor berrando! Pero, en fín, polo menos o que me queda é pensar que se emocionaron co xornal.
Como os ánimos estaban un pouco exaltados, decidimos que era o momento de relaxarnos un pouquiño facendo ioga. Hoxe coñecemos e practicamos unha nova ASANA, a da TARTARUGA.
Primeiro estivemos lendo a historia de SUPTA KURMA-ASANA: vendo que o Monte Mandara se ía afundindo a falta dunha boa base, o deus Vishnu converteuse nunha enorme tartaruga que, mergullada baixo o mar, sustentou o monte. A tartaruga era moi forte, o monte moi elevado e para que todo estivese perfecto e ben estable, o deus Vishnu decideu convertirse tamén en águia e sentouse sobre o cume do monte Mandara para fixalo sobre o caparazón da tartaruga.
Como vedes é unha postura ben difícil, aínda que hai algúns pementeiros/as ben flexibles que a fan perfecta e iso que só a practicamos unha vez. A ver quen se anima a practicala este fin de semana.
E, finalmente, a relaxación plena facendo un perfecto hexágono. ¿Qué vos parece esta figura? A este grupiño saiulles xenial, a verdade.
