UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow
Mostrando entradas con la etiqueta Xornal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xornal. Mostrar todas las entradas

martes, 30 de abril de 2019

RETOS, CONTOS, ARTE E XORNAL

   Hoxe toca mostrar os gañadores dos últimos retos propostos xa que fai tempo que non os mostramos no blogue. 

    Pablo foi o único que se acordou de investigar sobre o basilisco, unha criatura mitolóxica que non ten bo humor precisamente e que dou lugar a esa expresión que decimos cando alguén está moi, moi enfadado e "Ponse coma un basilisco",
 Outro dos retos foi averiguar que deus da Polinesia deu orixe ás illas do Pacífico como Hawai por exemplo. Claro, era Maui e Daniel e Marcos averiguaron a resposta.

 
  Lendo un bonito libros de cartas que nos leva a coñecer moitas cousas de diferentes países do mundo descubrimos que na India comen xelado de Kulfi, e Alex V.R. investigou como se fai ese xelado.
   No mesmo libro coñecemos a unha nena que vivía na illa de Trinidade. Pero, ¿onde está esa illa? Pois Icía averiguou que está no Caribe.

   E, por último, un nenoten na súa tarxeta un personaxe que non coñecíamos pero que nos recordaba a Papá Noel, ¿quen sería?. Daniel e Marcos descubriron que se chama Ded Moroz, o "Avó do xeo" que según as lendas eslavas lles entrega agasallos aos nenos en Aninovo.

  Pero hai máis novidades: Icía tróuxonos un DJEMBÉ africano para seguir disfrutando da música en viv e en directo. E Aleixo trouxo un bonito libro de sereas e outros seres máxicos, que nos gustou moitísimo.

    E como  a arte está sempre presente na aula, tiven a gratísima sorpresa de que Sara G.  trouxo un cadro pintado por ela do noso africaniño favorito, o xenial Kirikou. Xa é o terceiro cadro pintado por"pementeiras" que te mos na aula. Encántame ver que o pracer por pintar e o gusto polas actividades creativas xa vai brotando nestes nenos e nenas. ¡Xenial!

   E para rematar quero recomendarvos un fermoso libro cun relato que nos levou a reflexionar sobre o que hai dentro de nos e como nos sentimos ante as diferentes situacións da vida: Os dous lobos.





  E hoxe recibimos o último exemplar do noso xornal "Novas de infantil" e estivémolo vendo con moita ilusión. Espero que tamén o disfrutedes nas familias.














martes, 15 de enero de 2019

¡CHEGOU O XORNAL!

Imagen relacionada     Por fin chegou o xornal do primeiro trimestre do curso 2018-19. Este é xa o séptimo exemplar que sae á luz de Novas de Infantil. os nenos e nenas da Pementeira xa estiveron hoxe lendo as noticias e observando con detalle todas as fotografías (o importante é sempre atoparse a un mesmo nas imaxes, claro). Espero que nas casas tamén disfrutedes deste resumo das actividades  do primeiro trimestre.
      Como xa sabedes, é difícil concentrar todo en tan poucas páxinas pero eu creo que todos nos podemos facer unha idea da cantidade de experiencias e vivencias que se suceden ao longo de tres meses no cole. ¡Espero que vos guste!





Resultado de imagen de gifs animados periódico