Por fin chegou o xornal do primeiro trimestre do curso 2018-19. Este é xa o séptimo exemplar que sae á luz de Novas de Infantil. os nenos e nenas da Pementeira xa estiveron hoxe lendo as noticias e observando con detalle todas as fotografías (o importante é sempre atoparse a un mesmo nas imaxes, claro). Espero que nas casas tamén disfrutedes deste resumo das actividades do primeiro trimestre.
Como xa sabedes, é difícil concentrar todo en tan poucas páxinas pero eu creo que todos nos podemos facer unha idea da cantidade de experiencias e vivencias que se suceden ao longo de tres meses no cole. ¡Espero que vos guste!
Como xa sabedes, é difícil concentrar todo en tan poucas páxinas pero eu creo que todos nos podemos facer unha idea da cantidade de experiencias e vivencias que se suceden ao longo de tres meses no cole. ¡Espero que vos guste!
O baixar do autobus Yeico foi o primeiro que ensinou. Viña supercontento e toda a familia pudemos leer o xornal. E como non, ver as fotos donde el salía (o mais importante sen dúbida),jeje. Noraboa polo traballo!!!
ResponderEliminarMil gracias unha vez máis!! É un recordo maravilloso, un traballo pola vosa banda de agradecer, unha mostra de boas prácticas e permitenos ver a vida da escola e as caras de felicidade das e dis nenos! Gracias!!😘
ResponderEliminarNos disfrutamolo moito toda a familia, buscando a todos os que coñeciamos, claro. Ja, ja. En serio, encantounos este xornal. Cada numero que ven é mais agardado co anterior. Xa se está a convertir nunha "tradición". Moitas gracias por facernos estes "regalos" a os papis e irmáns. Sodes un gran equipo!😘
ResponderEliminarMoitísimas gracias.
ResponderEliminarDisfrutámolo moito todos na casa !!!
Grazas a todas as familias por valorar estas cousiñas que facemos. Sei que visitades moito o blog e sempre tedes unha actitude moi positiva cara as diferentes actividades do cole. Pero o blog, como moitas informacións en internet, vaise movendo con rapidez e unha entrada superponse á outra e, pouco a pouco irán desaparecendo... O xornal en papel, aínda que para moitos/as será algo xa "prehistórico" ten ese pouso da palabra e das imaxes impresas. Se gardades todos os exemplares (eu fágoo desde logo) estou segura de que vos gustará miralos de novo dentro de dez anos, e seguro que os nenos e nenas tamén disfrutarán lendo as "Novas de Infantil" vcando sexan mozos e mozas. Polo menos esa é a nosa pretensión, jajajaja, a ver o que ocurre cando medren... GRAZAS!!!!!
ResponderEliminar