UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 26 de enero de 2019

RETOS, CORES E DEUSAS

    Rematamos outra semana cun resumo dalgunhas actividades realizadas na Pementeira.  Por suposto sempre seguimos plantexando preguntas, temas de investigación e retos...Esta semana xurdiron varias cuestións que había que investigar . Por exemplo, nun conto dicían que un neno sempre estaba pensando nas musarañas así que preguntei quen sabía o que é unha MUSARAÑA e ninguén o sabía. Ao día seguinte Pablo trouxo a resposta.

Resultado de imagen de musaraña
   Agora xa todos saben en qué pensan cando "pensan nas musarañas" o cal significa que se distraen con calqueira pequena cousa sen importancia.
     Por outra banda, o día que plantamos o noso carballo, o mozo que nos axudou e nos explicou un montón de cousas sobre a vida e os coidados das plantas, díxonos que as plantas precisan dióxido de carbono. Os pementeiros/as non oíran falar de tal cousa así que ... ¡había que investigar!. Ao día seguinte Daniel e Alex V.S. trouxeron unha explicación sobre o dióxido de carbono e o proceso da fotosíntesis das plantas.

E a última preguta plantexada foi sobre Exipto. Mostreille aos nenos tres amuletos exipcios para que investigaran sobre eles  e Daniel e Marcos trouxeron a resposta. Marcos tamén trouxo uns libros moi chulos sobre Exipto.



     Levamos varios días facendo algo moi vistoso no cole, que aínda non imos revelar, e que necesita o emprego de diferentes cores, así que aproveitamos para repasar un pouquiño a Teoría da Cor realizando mesturas.
      Primeiro estivemos recordando cales eran as cores primarias e as secundarias e, despois, xa pasamos á unha parte máis práctica na que todos os nenos e nenas observaron con moita atención como se poden "fabricar" novas cores a partir das primarias.


















   E, por último, fixemos unha actividade impresa sobre a deusa hindú Lakshmi. Como xa sabedes, fai uns días plantexamos un reto sobre esta deusa e agora fixemos esta ficha para recordar un pouquiño de información sobre ela.




































 E para a semana máis cousas!!!

4 comentarios:

  1. A oracion anterior acaba de escribila Marcos, letriña a letriña, a peticion propia. Co cal, eu xa nkn teño nada mais que dicir nin que escribir. Está todo dito.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois alégrome moito. Mañán dareille as grazas personalmente a Marcos. É unha enorme satisfacción que diga eso, a verdade.Grazas tamén por compartilo no blog!!!!!!! Eu sei que lles gustan moitas das cousas que facemos na aula, son un grupo entusiasta e participativo. O único que nos falla un pouco é manter un certo orden, baixar o nivel de voz e ter un pouquiño de paciencia cando toca esperar turno ou escoitar algunhas orientacións, jajaja. Enerxía desbordante na Pementeira!!!!!

      Eliminar
  2. E verdade que os decibelios pasan o maximo permitido. Da igual no parque, no casa, no cole ou na festa. Seguimos traballando neso. Gracias de novo, Teté

    ResponderEliminar