UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 29 de enero de 2019

UNHAS MADALENAS E UN TÓTEM

     Como xa sabedes que me gustan estas mesturas un tanto peculiares, hoxe foi un día estupendo porque mesturamos unhas deliciosas madalenas que nos  trouxo Enzo e un tótem que estamos pintando entre todos.
      Das madalenas que vos vou dicir, estaban taaaaaaan ricas que nos alegraron a mañán a todos/as (eu creo que, sobre todo, a min que me soubo a gloria bendita co meu cafeíño do recreo). Enzo estaba supercontento repartíndollas aos seus compañeiros/a e contándonos que as fixo coa avoa e todos tivemos que recoñecer que ten unha avoa ben mañosa para isto da repostería. ¡Grazas Enzo e familia por compartir estas madalenas cos compis e profes!



















Ver las imágenes de origen    E agora toca falar do TOTEM. Co Proxecto Trisquel xa sabedes que aprendemos moitas palabras novas. A última foi  TÓTEM, que é unha escultura feita normalmente en madeira que representa un ou varios animais e que tiña un valor identificativo dun clan ou unha tribu e ao que se lle atribuían certos poderes como a protección do clan ou a fortaleza.
Ver las imágenes de origen
Resultado de imagen de tótem

    E como nós tamén somos unha tribu ou un clan, pois empezamos a pintar o noso tótem. Así vai avanzando a actividade e esperamos poder mostrarvos prontiño como queda finalmente.






























2 comentarios:

  1. Gracias Enzo e familia polas magdalenas!! Tiñan unha pintaza. O totem está quedando chulisimo!!! Bo traballo pementeir@s!!

    ResponderEliminar
  2. Enzo estaba encantado de levar as magdalenas para compartir coa profe e os seus amigos. Moi dacordo o Totem esta moi pero que moi chulo👏👏👏

    ResponderEliminar