Esta entrada está cheíña de cousas. O xoves e o venres tivemos moitas actividades na Pementeira. Plantexamos un novo reto, decoramos a nosa porta de novo (reubicando a Poseidón noutro lugar), recibimos a visita dos peques de 3 anos aos que lle contamos moitas cousas do proxecto de mitoloxía, lemos historias que nos deixaron abraiados e tivemos a nosa sesión de ioga semanal.
O reto proposto tiña que ver coa natureza. De vez en cando lemos contos sobre árbores e xa sabemos que os carballos, por exemplo, eran considerados sagrados polos celtas e os druídas conseguían o muérdago precisamente nestas árbores tan galegas. Pois ben, a pregunta plantexada foi: ¿qué coñecido personaxe da mitoloxía grega foi convertido nunha árbore e por qué?.
Varios pementeiros/as trouxeron a resposta correcta e iso é xenial. De todos xeitos coma sempre quero felicitar a todos os participantes aínda que a resposta non fora a que se pretendía primeiro por esforzarse e segundo porque podemos descubrir algo novo.
En conclusión, a historia era a siguiente: Eros e Apolo eran rivais, sempre estaban rifando un co outro. Apolo era un gran músico e disparaba as frechas con grande habilidade. Eros tiña ciumes del e argallou unha maneira de molestalo. O que fixo foi que lle lanzou unha frecha de ouro a Apolo que se namorou perdidamente e sin remedio da fermosa Dafne, pero a Dafne lanzoulle unha frecha de plomo que fixo o efecto contrario, provocando así o rexeitamento inmediato da rapaza ante o deus. Imaxinádevos que drama, Apolo amando profundamente a Dafne e perseguíndoa constantemente e Dafne odiando a Apolo e escapando a todo correr. Dafne pediulle axuda a seu pai e este fixo que a moza se convertira en loureiro. Apolo desesperado arrancou unhas ramas do loureiro e fixo unha coroa que sempre leva na súa cabeza para recordar á súa amada.
O xoves, os peques de 3 anos viñeron de visita para que lle contáramos algunhas cousas do proxecto Trisquel. A súa profe, Charo, mostrounos unha palloza que é igualiña ás vivendas celtas que se agrupaban nos castros. Nós contámoslles como fixemos cerámica celta, explicámoslle o mito da caixa de Pandora, tamén lle mostramos a Atlas, a Hércules e Pegaso, a Kirikú, o laberinto do Minotauro, a Atenea...
E antes de despedirnos todos xuntos berramos: ¡Viva Atenea! porque era unha deusa intelixente coma todos nós, que aprendemos cada día moitas cousas no cole.
Esta semana tamén descubrimos un fermoso libro cheo de aventuras, de maxia, de emocións e cunhas ilustracións ben artísticas: "Sandy, el hombre de la luna". A pesar de ser un conto bastante longo, os pementeiros/as estiveron ben atentos/as ata o final porque a historia narrada é moi interesante. Noa trouxo outro libro que tamén é importante ler porque a historia fai reflexionar profundamente sobre as diferencias e sobre como podemos axudar aos demáis e compartir xogos e vivencias con todo o mundo: "Cuerdas"
Seguimos escribindo e lendo moito na clase. Eu estou moi contenta porque vexo que todos se van animando a sair á pizarra para escribir, sen medos, tranquilamente... e entre todos imos vendo se hai letras que teñamos que modificar ou algunha que hai que engadir e ,así, entre todos imos aprendendo cada día mellor a ler e escribir. ¡Xenial!

No hay comentarios:
Publicar un comentario