UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 17 de enero de 2019

DÍAS CHEOS DE ACTIVIDADE

    Na Pementeira procuramos facer moitas cousas ao longo do día. Aínda que a organización de cada xornada é similar  e moitas actividades son habituais ( a lectura dun conto, cantar, facer actividades impresas, xogar, escribir, ler ou pintar...) tamén é certo que intentamos que haxa certa variación nos temas, os ritmos, no emprego de materiais diferentes, nos xogos... Para os nenos e nenas é importante ter unhas rutinas que lles axudan a organizarse, a estar "orientados" e centrados, a sentirse seguros e cómodos na aula... pero tamén lles gustan as sorpresas ou imprivisacións de cando en vez.
   Estes días estivemos facendo moitas cousas pero algunhas delas aínda non volas contar hoxe. Teredes que esperar un pouquiño.
    Seguimos traballando sobre personaxes mitolóxicos e, de paso, avanzamos no proceso lecto-escritor. Seguimos recibindo libros para o recuncho mitolóxico e, por suposto, cando rematamos as tarefas temos tempo libre para xogar. Empregamos a PDI para traballar o control óculo-manual, a observación e discriminación visual, a memoria e a atención...




































































Imagen relacionada




















































1 comentario:

  1. Cantas cousas!!! Da gusto velos. O traballo que fan e o concentrados que están tanto nas fichas coma nos xogos (o do equilibrio gustanos moito) .... E agora deixasnos coa intriga eh? A ver que será será... ja ja

    ResponderEliminar