Hoxe fixemos unha saída para plantar un carballiño que tiñamos na aula no que se vai chamar "O bosque do Rosalía". En realidade eran tres plantiñas pequeniñas de carballo, pero unha medrou máis cas outras e parecía a única protagonista. Na Pementeira, o curso pasado conseguimos que xermolaran varias landras pero ao longo do verán foron morrendo e conseguimos que sobreviviran estas tres que estaban no noso recuncho mitolóxico porque, como xa sabedes, o carballo é unha árbore sagrada para os celtas e os druídas sempre ían ás carballeiras a recoller o muérdago.
Os nenos e nenas saíron con moita ilusión aínda que estaba unha mañán bastante desapacible con néboa e temperaturas baixas. Pero aguantamos o tirón e atendemos ás explicacións sobre como plantar o carballo, axudamos coas nosas mans e os nosos pés a facelo e disfrutamos vendo como a nosa árbore xa forma parte do que será un bosque, na natureza, no seu hábitat. ¡Esperems que o noso carballo se faga grande e forte e teña unha longa vida!
Que maravilla!!!!!Que medre tanto como os nosos pementeiros!!!!
ResponderEliminarOxalá dentro de moitos anos, poidan estes pementeiros sentarse á sombra dese carballo e recordaren este momento. Oxalá.
ResponderEliminarEsperemos que o noso carballo pementeiro teña moito futuro e que nós o vexamos, claro!
ResponderEliminarQue ilusión lles fixo plantar o seu carballo, sumome a eses bos desexos!!
ResponderEliminarEs un proyecto fantástico y todos los pementeiros están muy contentos y orgullosos.
ResponderEliminar