Xa rematamos outra semana máis. O tempo voa! E, claro, como estamos tan ocupados non temos tempo de aburrirnos nin un segundo. Agora ides ver varias cousiñas que estivemos facendo onte e hoxe.
Por suposto, tivemos dous novos Willy Fog na aula. O xoves foi Izan e o venres Marcos. Os dous tiñan moitas ganas de ser os protagonistas, pasar lista, axudar á profe a repartir o material ou as merendas e, o máis importante, ir de primeiros na fila. Todos os compañeiros/as felicitaron a Izan e Marcos por pasar lista requetebén.
Xa rematamos a nosa versión de "Cala amarela" de Georgia O´Keefe e xa está colocada á beira das "Amapolas" da mesma pintora. Agora teremos que pintar outras dúas obras de arte para colocar nos outros dous espazos libres do marco que temos preparado e, finalmente, colocar a nosa montaxe no corredor de infantil, o noso museo particular.
Como temos moitos libros de arte na aula, organizamos unha mesa especial para eles. Así cando queremos disfrutar dalgún deles é máis doado collelo e logo volvelo a poñer no seu lugar. Os pementeiros/as disfrutan moito "lendo" estes libros.
Aínda están chegando máis cousas para o noso recuncho do proxecto, ou para o corredor. E, casualmente, os dous "Alejandros" da clase trouxeron cousas: Alejandro Vázquez Rodríguez trouxo outro móvil (que aínda non colguei) cunha foto do modelo que seguiron para facelo.¡Quedoulles fenomenal! E Alejandro Vázquez Seco trouxo uns preciosísimos tulipáns holandeses que me encantaron; puxémolos en auga e están no noso recuncho para que todos poidamos disfrutar das súas cores e o seu aroma.
Tamén fixemos e pintamos unha nova silueta como as de Keith Haring para colocar no teito do corredor. Esta vez o neno encargado de facer de "plantilla" para o silueteado foi Anrís que estaba todo contento alí tumbado no papel branco.
Agora temos que colocar todas as siluetas que fixemos en infantil (os nenos da Sementeira e do Paseo do Espolón tamén traballaron moito e xa temos unha boa colección de siluetas de cores chamativas) no noso corredor. Algunhas xa están colocadas e o aspecto da nosa entrada vai tendo esta pinta tan pop.
E, antes de rematar esta entrada, non podo esquecerme de compartir as fotos dos pementeiros que escribiron o seu nome na PDI onte e hoxe. Dígovos que estou impresionada coas ganas que teñen de facelo, non fan máis que insistirme en que queren poñelo e hoxe, sen ir máis lonxe, ía facer outra cousa antes de saír e cambiei de idea. Se queren escribir o nome, pois a escribir o nome!
E agora si que remato cun vídeo. Aquí están estes peques cantando "How´s the weather", unha canción en inglés que lles gusta moito e que interpretamos todos os días cando facemos o panel e observamos que tempo fai fóra.
Eu remato esta semana completamente satisfeita con todo o que traballamos e feliz porque estamos disfrutando moito no cole. Agora toca pasalo requetebomba o finde!!!! Ata o luns!
Estou coa boca aberta e alucinando con esas obras de arte. Apuntan maneiras estes pementeiros/as. Noraboa e a seguir así de divertidos
ResponderEliminarMensaxe de Marcos: "Boa sorte. Y me gusta traballar".
ResponderEliminarA mensaxe de Marcos é insuperable! A sorte fainos falta a todos, certamente.Así que é un bo desexo. E a segunda parte, que voy dicir eu?, que é xenial que lle guste traballar porque ese é o espíritu que hai que ter, facer cousas, poñerlle entusiasmo e ter afán de superación. ¡Bravo, Marcos!
EliminarSi que traballan ben estes pementeiros son uns pequenos xenios sempre estan con ganas de aprender,a seguir asi pementeiros, e ti tamen tes moito de mérito profe Tete
ResponderEliminar¡Estou encantada con eles! E mérito meu é ben pouco, de verdade, porque este grupo responde moi ben ante calqueira actividade, son moi participativos e, en xeral, mostran moito entusiasmo, esfórzanse e alégranse cos resultados. Está sendo moi sinxelo traballar con eles. espero ser capaz de manter o seu interese para seguir aprendendo e disfrutando. Grazas por participar tanto e manter este blog tan activo!
EliminarJolin pementeir@s non deixades de sorprendernos😊, que envexa de pinturas,canto e que ben traballades de ahí sempre esas caras de satisfación, seguide traballando asi de ben, sodes uns artistas 👏👏👏
ResponderEliminarIso é o importante, que se sintan satisfeitos do que fan e con ganas de facer aínda máis e mellor. Seguro que o van conseguir!!!!!
EliminarMenudos artistas temos na pementeira !!!
ResponderEliminarSeguide así rapaces.
Pois sí que son artistas. E xa toca empezar novas obras de arte! Xa están no forno, jajajaja!
Eliminar