¡Qué alegría levei hoxe! Sara García baixou toda contenta do autobús e díxome que traía "a bailarina de Degas". E, certamente, así era. ¡Mirade que "Bailarina"de Degas temos agora no noso recuncho de "Recreacións de obras de arte"!
Teño que felicitar a Sara e á súa familia porque fixeron un estupendo traballo, analizando e reproducindo perfectamente a pose da bailarina e facendo, tamén, as tres fotografías para ver na súa totalidade a delicadeza e beleza desta escultura de Degas.¡Fantástica recreación! Encántanme todas as recreacións que temos na aula. Se alguén aínda se anima a facer outra diferente, estaremos todos encantados porque nos gusta moito ver as novas propostas que van llegando e recordar o que fixeron antes outros compañeiros/as. ¡Grazas pola vosa participación!
Hiago trouxo unha personal obra de arte que el mesmo pintou na casa, e estaba moi orgulloso de mostrarlla a todo o mundo.
Pasando a outro tema, seguimos nomeando cada día a un novo Willy Fog para que pase liste e axude á profe a repartir os materiais de traballo. Onte tocoulle o turno a Anrís. Vendo a súa foto penso que non hai dúbida do orgulloso que estaba.
E hoxe foi o turno dunha señorita Willy Fog: Mariña. Por suposto tamén estaba ben contenta e orgullosa de ser a protagonista do día.
Cada día procuramos facer algunha actividade impresa para ir practicando trazos, para coller soltura na realización das grafías, para identificar os números e asocialos coas cantidades correspondentes e moitas cousas máis. Estes días estivemos reforzando o trazo do número 1 e moitos pementeiros/as se animaron a escribilo na pizarra.
Facemos esforzos para intentar concentrarnos nas tarefas porque cando os pementeiros/as están moi inquedos e faladores ou teñen moita presa por rematar, hai cousas que non saen moi ben. Noutros momentos dá gusto velos traballar con tranquilidade e disfutando da música.
Cando rematamos as tarefas, hai tempo para xogar e mirar os libros de arte que son super-interesantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario