Rematamos a semana facendo o panel como todos os días, hoxe da man de Sara García que foi a nosa Willy Fog do día. Como vedes, estaba feliz e pasou lista tan ben que recibiu un forte aplauso dos compañeiros.
Despois do facer o panel e falar un bo cacho sobre as tormentas, os tronos, os lóstregos, os apagóns etc., etc. (hoxe todos tiñan algo que contar) fixemos o trazo do número 3 e como moitos pementeiros/as o fixeron realmente ben houbo bastantes selos de "excelente". A continuación fixemos un pequeno percorrido virtual polas terras do norte, concretamente polo país natal de Vincent van Gogh e Vermeer (entre moitos outros artistas por suposto). Estivemos vendo imaxes dos canales de Amsterdan, as casas típicas e as bicicletas, as plantacións de tulipáns e os muíños de vento...
E aproveitamos para recordar algunhas obras maestras deVincent van Gogh e Johannes Vermeer...
"A leiteira" e "A xoven da perla" de Vermeer
"A noite estrelada", "A habitación de Arlés", "Home atormentado" e "Autorretrato" de Vincent van Gogh.
Aproveitamos para ir rematando o noso particular "Home atormentado" que está quedando moi ben e ir colocando os que xa están rematados ao lado do panel de Amsterdam que temos diante da porta da aula.
E antes de marchar para casa, aínda tivemos tempo de cantar a canción "Os pintores" e xogar un pouco nos recunchos da aula.
Fantástico o resultado final deses "Homes atormentados".
ResponderEliminarA verdade é que están quedando moi ben!
EliminarEncántame ver o ben que manexan o pincel estes Pementeiros e Pementeiras. Parabéns polo resultado final!!!
ResponderEliminarCando queren, e se concentran e están tranquilos, saben traballar moi ben. A verdade é que o proxecto de arte está sendo moi gratificante! Grazas por visitarnos, profe Ana e por deixar o teu comentario!
EliminarPois xenial!!!! Amsterdam, para min, é unha das cidades máis fermosas do mundo. Holanda é un país que merece ser visitado máis dunha vez, así que xa sabedes, a preparar as maletas.Ao mellor teño que deixar a docencia e poñer unha axencia de viaxes!
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar