Segundo día das mandas do Meco. Hoxe tocounos poñer sombreiro e adoptar un look máis propio do verán. Eso sí, hai que dicir que o tempo acompañounos e o sol fixo que as nosas vestimentas non estiveran tan foran de lugar un 21 de febreiro.
Os pementeiros/as e todos os nenos de infantil, viñeron perfectamente ataviados, con todo tipo de accesorios para obedecerao Meco. ¡Mirade que contentos estaban!
As profes tamén se vestiron con pareos, sombreiros e vestidos de verán para ir á praia a disfrutar do sol e nadar un pouquiño.
A nosa Willy Fog de hoxe foi Sara Vidal (que xa é a última da lista, así que mañán toca empezar de novo). Estaba tan orgullosa coma todos os seus compañeiros cando lles tocou facer as funcións do viaxeiro Willy Fog.
E mañán, recordade, todo o mundo a facer deporte:
No hay comentarios:
Publicar un comentario