Xa estamos na víspera do día grande e hoxe o Meco mandounos ter un mércores deportista. Nós. os nenos e nenas de infantil e as profes, metémonos no papel e escollemos diferentes deportes para aproveitar un día máis de sol, e vivir de maneira sana e activa.
E hoxe o noso Willy Fog foi Aleixo que estaba desexando ser o protagonista do día. Aquí o tedes facendo o panel concentrado na súa tarefa.
E agora a preparar todo para mañán. espero que os nenos e nenas de infantil veñan todos ben guapos e con moitas ganas de bailar e demostrar o ben que fan as cousas cando eles queren.
Creo q o están vivindo todo con intensidade e emoción. Polo menos no noso caso. Levantamonos cada día con un novo "reto". E xenial
ResponderEliminar