Xa levábamos uns días sen festas e hoxe tocoulle o turno a Adan que xa é un mozo de 4 anos. Trouxo un montón de cousas para compartir cos compañeiros/as: un biscoito delicioso, galletas surtidas e unha bolsiña de chuches para cada un.
Primeiro Adan tivo que apagar as candeas coma é habitual e. despois xa nos puxemos todos a comer. Eu tiven a sorte de probar un cachiño de biscoito que me soubo a gloria, cun cafeíño, e fixo que a mañán fora máis levadeira.
Cantamos todos xuntos a canción de "cumpleanos feliz" e disfrutamos moito desta pequena festiña de aniversario.
Felicidades Adan
ResponderEliminarParabéns Adan!!!🎂
ResponderEliminarFelicidades Adan !!!!
ResponderEliminar