Este ano 2017 celebramos no cole o entroido máis artístico que ninguén poida imaxinar. Os nenos e nenas de infantil do Rosalía, e as súas profes, chegaron ataviados de xeito pictórico-arquitectónico-musical facendo gala dunha creatividade e un gusto polas artes dificilmente superables. Foi un día cargadiño de emocións:
Primeiro fixemos un ultimo ensaio na aula antes de saír para o festival e sacamos varias fotos cos disfraces aínda impecables.
Estas son as fotos orixinais pero para facer unha montaxe (que xa está colgada np blog, no lateral dereito) púxenlle uns marcos decorativos. Por se a alguén lle gustan e quere gardalas así, aquí volas poño tamén.
A continuación saímos todos xuntos para colocarnos xa no escenario e facer a nosa fantástica actuación. Despois dos nervios e do traballo ben feito, disfrutamos do festival prestando moita atención ás actuacións de todos os alumnos/as de primaria.
O festival gustou moito aos peques pero xa pedían a merenda, así que entramos á aula de psico para comer un pouco todos xuntos. Non creo que sexa preciso comentar que os gusanitos foron o éxito da merenda pero tamén comemos biscoito, galletas variadas, patatas fritas, barquillos, pombiñas de millo...
Algúns nenos/as animáronse a sacar máis fotos nos marcos que elaboramos coas caixas dos ovos que aportástedes as familias. Outros tiñan máis ganas de xogar e de comer que de posar para as cámaras así que había que respectar estes desexos.
E despois da merenda e de xogar un pouco no patio, escoitamos un concerto de con moito ritmo do cantante de Gramola Gominola, Paco Cerdeira.
¡¡¡¡Fixerono xenial!!!
ResponderEliminar¡¡¡¡Encantounos!!!!
¡¡¡Moitas grazas profe polo teu esforzo e traballo cos nosos nen@s!!!
Teté moitísimas grazas por deixarnos disfrutar destes momentos, foi emocionante para nós como familias e os nenos son uns aristas, fixérono xenial!!!!!
ResponderEliminarNa casa non deixamos de ver o vídeo,...jejeje.
Mil grazas polo voso traballo tan duro e tan gratificante ao mesmo tempo e polos tempos adicados para que saia todo ben,
noraboa equipo de Infantil e en especial a tí profe Teté.
;)
Grazas a todas as familias pola vosa particpación, pola creatividade, por respectar tanto o noso traballo e, sobre todo, por disfrutar destas cousas e de todo o que estamos a facer en infantil!!!! É moi gratificante traballar así!!!!!!!
ResponderEliminarNon nos cansamos de mirar as fotos e o video, fixerono xenial. Estamos moi orgullosos mirandoos 😊.Enzo estaba nerviosisimo porque todo saise ben e porque habia moita xente mirandoo 😅 e incrible de verdade MIL GRAZAS por todo o traballo que fas cos nosos peques, por todo o esforzo e por toda a paciencia😊😊😊
ResponderEliminarFoi un día Máxico. Non teño moito q engadir o q xa dixeron as otras mamis mais arriba. Nos temos a sorte de poder vivir esta etapa dos nosos fixos dun xeito especial, interactivo, todo gracias ao esforzo dun equipo fantástico . gracias. Descansade estes días
ResponderEliminar