Ultimamente estivemos coñecendo a un novo artista: Henri MATISSE. Primeiro lemos unha historia sobre a súa visa e aprendemos que Matisse empezou pintando cadros pero, despois, empezou a recortar papeis de cores e a facer COLLAGES.
Despois estivemos vendo algunhas das súas obras. Dúas das máis coñecidas son: "A herba" e "O caracol"
A primeira delas, foi máis comprensible e evidente para os pementeiros/as. Todos eles decían que vían follas, unha árbore e cousas semellantes... Pero o caracol non o vía ninguén (vían ata unha camioneta cargada de cadrados pero o caracol non aparecía por ningures), nin despois de que eu lle explicara que parte se supón que é o corpo do caracol, e qué parte é a cuncha (formando unha espiral).
Entre todos os nenos e nenas de infantil (de A Sementeira e o Paseo do Espolón xunto connosco) decidimos reproducir en grande o collage "A Herba". En primeiro lugar, entre todos, pintamos esas formas que semellan elementos vexetais. Despois recortámolos e, finalmente, empezamos a organizar a composición tratando de que recordara a orixinal de Matisse. Hoxe coloreamos as letras que forman o nome do autor e colocamos todo na aula de psico. ¡Quedou espectacular!
Artistas!
ResponderEliminarQuedou xenial!!!👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
ResponderEliminarXenial pementeiros quedouvos requeteben parabens rapaces
ResponderEliminar