Como sabedes, no cole celebramos un concurso sobre a autora galega que lle da o nome ao noso centro titulado "Rosalía viaxa ao espazo". Na aula "A Pementeira" tivemos tres participantes aos que xa felicitei na aula. Hoxe, estes dous cabaleiros e unha dona chamados Iker, Leo e Inés recibiron un agasallo de parte do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística co que se quere premiar o seu esforzo e o interese por participar nas actividades do cole.
Tamén quero felicitar ás súas familias por adicar un pouquillo de tempo a estas iniciativas que pretenden animar aos nenos e nenas a crear cousas orixinais, ben sexan debuxos, collages, contos, comics ou calqueira outro tipo de traballo creativo.
E aproveito, tamén, para felicitar a Nerea, da aula "A Sementeira", que foi a gañadora de infantil do concurso "Rosalía viaxa ao espazo".¡Parabéns Nerea!
Durante o día estivemos recordando a un pintor alemán chamado Franz Marc que pintou, entre outras cousas, un fermoso "Cabalo Azul". Na asemblea intentamos reflexionar sobre a importancia que ten a nosa IMAXINACIÓN. Os artistas moitas veces non reflexan nas súas obras a realidade tal e como é senón que poden imaxinala de formas ben diferentes. E iso comprobámolo coa historia de Eric Carle, que xa coñecíamos, "O artista que pintou un cabalo azul"
