UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 20 de febrero de 2015

COMETAS E ESTRELAS FUGACES

Na pementeira seguimos disfrutando da nosa viaxe espacial. levamos xa varias semanas preparando un gran mural para colocar nada máis e nada menos que no teito do corredor de infantil.
A cousa ten bastante traballo xa que, nesta ocasión, os pementeir@s estiveron implicados en todo o proceso creativo.
1.- A primeira fase consistiu en medir a lonxitude que debería  ter o papel no que íamos pintar. Para iso empregamos un metro fantástico que merquei en Munich (Alemania) e que sabía eu que lle ía gustar moito aos pementeir@s.




O ancho do corredor é de 1,80 metros e, despois de marcar ata onde chegaba un metro, comprobamos que Roi medía un pouco máis.


2.- A segunda fase xa consistiu en trasladar esa medida de 1,80 metros ao papel azul no que plasmaríamos o noso debuxo.

3.- A terceira fase xa foi realizar a tarefa máis artística, a pintura do cometa, as estrelas fugaces e as demáis estrelas que enchen o noso ceo. Nesta fase fomos facendo o traballo en pequenos grupiños para non tropezar uns cos outros e estar máis cómodos pintando. Tamén tivemos ocasión de probar o uso de plantillas para facer as estrelas.































4.-  A última fase será xa a colocación no teito do corredor de infantil, para o cal penso que teremos que requerir a axuda do técnico nesta materia, Manolo claro. A ver se o conseguimos  e podemos mostrarvos o resultado final. ¡Xa temos ganas de velo!








2 comentarios:

  1. Que bonito. Estades feitos uns artistas fabulosos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Pili. Mañán comentareilles aos pementeir@s que che gustou a nosa pintura a ver se se van animando a pintar máis, e a colaborar con estas actividades grupais que tanto me gustan a min porque animan moito os espazos nos que traballamos todos os días.

      Eliminar