O venres 13 foi o gran día da Festa de Entroido no M.I. (Módulo Infantil) da E.E.R. (Estación Espacial Rosaliana) do CEIP Rosalía de Castro.
A preparación da xornada empezou varios días antes coa construcción da estación espacial e a instalación de todos os dispositivos electrónicos necesarios para o seu correcto funcionamento. Os traballos non están rematados aínda, xa que o noso proxecto espacial no M.I. aínda está en pleno desenvolvemento. En próximas conexións coa E.E.R. poderemos mostrarvos o resultado final.
A chegada dos representantes de estrelas e constelacións, astronautas e cohetes, alieníxenas e sistemas solares, tivo lugar ás 10:10 horas da mañán. E, a partir dese momento, a vida na estación espacial estivo chea de desfiles, música, comida, bailes, xogos e diversión.
Déixovos aquí unhas fotos por se as queredes copiar.
A continuación aparece un vídeo no que podedes comprobar o ben que o pasamos nesta celebración de Entroido Espacial. Espero que vos guste.
O traballo de investigación espacial deixámolo para a volta das vacacións, agora que xa inauguramos o noso centro técnico de infantil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario