UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 24 de febrero de 2015

AGASALLOS PARA OS PARTICIPANTES NO CONCURSO SOBRE ROSALÍA

Como sabedes, no cole celebramos un concurso sobre a autora galega que lle da o nome ao noso centro titulado "Rosalía viaxa ao espazo". Na aula "A Pementeira" tivemos tres participantes aos que xa felicitei na aula. Hoxe, estes dous cabaleiros e unha dona chamados Iker, Leo e Inés recibiron un agasallo de parte do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística co que se quere premiar o seu esforzo e o interese por participar nas actividades do cole. 
Tamén quero felicitar ás súas familias por adicar un pouquillo de tempo a estas iniciativas que pretenden animar aos nenos e nenas a crear cousas orixinais, ben sexan debuxos, collages, contos, comics ou calqueira outro tipo de traballo creativo.


E aproveito, tamén, para felicitar a Nerea, da aula "A Sementeira", que foi a gañadora de infantil do concurso "Rosalía viaxa ao espazo".¡Parabéns Nerea!


Durante o día estivemos recordando a un pintor alemán chamado Franz Marc que pintou, entre outras cousas, un fermoso "Cabalo Azul". Na asemblea intentamos reflexionar sobre a importancia que ten a nosa IMAXINACIÓN. Os artistas moitas veces non reflexan nas súas obras a realidade tal e como é senón que poden imaxinala de formas ben diferentes. E iso comprobámolo coa historia de Eric Carle, que xa coñecíamos, "O artista que pintou un cabalo azul"

Pola tarde observamos o cadro orixinal de Franz Marc e tratamos de colorear un, máis ou menos semellante, con témpera diluída e acuarelas. Penso que observando obras de arte, os nosos ollos vanse habituando a aprecialas e comprendelas. Por outra banda cando nos concentramos na pintura. ademáis de afianzar o control grafo-motriz (que é indispensable para escribir ben) tamén aprendemos a "escoitar os nosos pensamentos",a"conversar" cos grandes artistas, a "mergullarnos" na auga coloreada das acuarelas, a observar composicións armoniosas, ... e todo iso nos axuda a desenvolver habilidades artísticas.







Agora, gustaríame que cada pementeir@ imaxinara un animal que lle guste pero dunha cor moi diferente a que ten na realidade. Algúns nenos/as fixeron as súas propostas: unha galiña verde e rosa, unha xirafa violeta e vermella, un gato azul, unha ovella laranxa... A ver se estes cerebros pementeiros son capaces de imaxinar animais divertidos...

1 comentario:

  1. Seguro que si. Que son capaces de imaxinar eso e moito mais. Xa veremos todos e todas como algún deles nos sorprende co seu debuxo...
    Eu tamén quero felicitar a Iker, Leo e Inés e ás súas familias por a participación no concurso. Espero que pouco a pouco se vaian animando os demais e nos próximos concursos teñamos un montón de traballos pementeiros.
    Bicos

    ResponderEliminar