O venres 27, todos os nenos/as de Infantil acudiron a unha presentación sobre circuitos e magnetismo que tiñan preparada os alumnos de 6º de Primaria.
No corredor do cole, expuseron algúns dos traballos que eles mesmos fixeron e foron explicando en qué consistía cada un dos proxectos. Aínda que o contido era un pouco complicado para infantil, todos os nenos e nenas parecían bastante interesados en ver cómo funcionaban os distintos artiluxios alí expostos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario